RadioArchive for the '' Category

Feb 24 2016

#mobilizaRosalía No libro-cd De Cantares Hoxe. 34 poetas dialogan cos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro

DiarioCultural24-05-2013
(Imaxe tirada do facebook do Diario Cultural)

Ana Romaní, poeta e directora do programa Diario Cultural da Radio Galega, argallou por volta de 2013 un proxecto para sumármonos á conmemoración do 150 aniversario da edición de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro e colaborarmos co proxecto de emisións poéticas De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no Seculo XXI.

O proxecto concretouse na reescrita dos 36 poemas de Cantares Gallegos. As e os poetas tivemos que escoller un dos 36 poemas do libro auroral de Rosalía de Castro (que aínda non estivese a ser versionado) e escribir o noso propio poema, procurando «un diálogo poético que nada ten de submisión a un texto dado nin de tradución dun noutro senón de exercicio de libre creación a partir dun poema de Rosalía de Castro».

Hai hoxe un ano, nesta mesma data, na Fundación Rosalía de Castro realizouse a presentación do proxecto de edición da antoloxía sonora e textual De Cantares Hoxe. 34 poetas dialogan cos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro que asumiu a propia Fundación en colaboración coa Radio Galega.

Unha presentación do presidente da Fundación Rosalía de Castro, o tamén poeta Anxo Angueira, e unha introdución dos tamén poetas e xornalistas Ana Romaní, Anxo Quintela e Xiana Arias preludia a escolma. Por orde de aparición no volume están as (re)escritas da autoría de Oriana Méndez, María Lado, Olalla Cociña, María Reimondez, Xabier Cordal, Román Raña, María Xosé Queizán, Xulio L. Valcárcel, Manuel Darriba, Cesáreo Sánchez, Xabier Queipo, Antía Otero, Luís González Tosar, Claudio Rodríguez Fer, Elvira Ribeiro, Helena Villar Janeiro, Celso Fernández Sanmartín, Eva Veiga, Eduardo Estévez, Yolanda Castaño, María do Cebreiro, Carmen Blanco, Dores Tembrás, Miro Villar, Gonzalo Hermo, Marta Dacosta, Susana Aríns, Lino Braxe, Arturo Casas, Manuel Forcadela, Marga Doval, Marilar Aleixandre, Claudio Pato e Luz Pozo, con separata que inclúe o poema de Xosé María Álvarez Cáccamo.

Antes, o Diario Cultural da Radio Galega, que dirixe a poeta Ana Romaní, foi emitindo todos os textos do proxecto De Cantares Hoxe. O da miña autoría que parafrasea o poema «Que ten o mozo?» de Rosalía de Castro (Cantares Gallegos, 27), pódese escoitar nas seguintes ligazóns:

http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-24-05-2013-592826

http://www.crtvg.es/rg/destacados/etiqueta/cantares-gallegos

Tamén está aquí:

https://www.facebook.com/diariocultural

E aquí o programa enteiro:

http://www.crtvg.es/rg/a-carta/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-24-05-2013-592822

Deseguida ofrezo, máis unha vez, o texto do poema de Rosalía de Castro e a miña paráfrase poética.

Que ten o mozo?

I

¿Que ten o mozo?
¡Ai!, ¿que terá?
Ponme agora unha cara de inverno,
despois na fiada, ¡sonrisas de tal!
Quer que baile con el no muíño,
i aló pola vila nin fala quisais.
¿Que ten o mozo?
Pois… ¿que terá?
Unhas veces, canciño de cego,
por onde eu andare seguíndome vai;
nin hai sitio donde eu non atope
un Bras con cirolas i os zocos na man
¡Ai, que mociño!
¡Ai, que rapaz!
Noutro instante, ¡mirá que fachenda!:
atruxos que asombran ó mesmo lugar.
¡¡¡Brr!!!, que parece que pasa soberbo,
mandando nos homes su real maxestá.
Mociño, ¿es tolo?
¡Ai!, ¿si o serás?
Eu non podo entender, meu amore,
que airiños te levan, que airiños te trán,
nin tampouco cal xeito te cadra,
tratándose, mozo, do teu namorar.
¡Ai! ¡Dios me libre
de ti, bon Bras!
Que no meu entender te acomparo
ó mesiño de marzo marzal:
pola mañán, cariña de rosas,
pola tarde, cara de can.
¡Mala xuntanza
facemos! ¡¡Ai!!

II

¿Que di a meiguiña,
que di a traidora?
Corazón que enloitado te crubes
cos negros desprezos que a falsa che dona,
¿por que vives sofrindo por ela?
¿por que, namorado, de pena saloucas?
Si ela é bonita,
ela é traidora.
Di, con mengua de min, que non sabe
que airiños me viran, veleta mal posta…
Que cho digan, rapaza, os teus ollos,
que agora me chaman, dempois me desbotan.
Que anque es bonita,
eres traidora.
Si unhas veces amante che falo,
e si outras renego de ti…, ¡pecadora!
¿cales auguas repousan serenas,
si o vento que as manda rebole antre as ondas?
E ti ben sabes
que es revoltosa.
Son canciño de cego en quererte…:
tal bulra merece quen ama sin conta,
pois cos zocos na man ou sin eles,
ás portas do inferno seguíndote fora.
Tal estou tolo,
tal es graciosa.
¡Que de marzo marzal teño a cara…!
Quisais que así sea, mais ti, miña xoia,
tamén es cal raiola de marzo,
que agora descrube, que agora se entolda.
Iguales semos,
nena fermosa

PARÁFRASE DO POEMA QUE TEN O MOZO?

(Rosalía de Castro: Cantares Gallegos, 27)

Marzo, marzal:
pola mañán, cariña de rosas,
pola tarde, cara de can.

FALA ELA (desde o seu desasosego):

O teu rostro de inverno ora empardece,
ora de primavera xa alborece,
abala entre a fachenda e o amor cego.
Dáme a mesma dozura que che entrego,
non haberá ningún tece e destece
da que cose entre bágoas e entristece.
Ben se entende a nacenza do meu prego.

E FALA EL (desde a súa incomprensión):

Todo en ti ten beleza e fermosura
e anéganme mareas de amargura.
O teu silencio sábeme a traizón,
devezo a túa voz, morno aloumiño,
onda min a acalmar o remuíño.

Miro Villar, abril do 2013

Comentarios desactivados en #mobilizaRosalía No libro-cd De Cantares Hoxe. 34 poetas dialogan cos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro

Out 09 2015

Na presentación de Moraime, pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón

Corcón2015
Created with Nokia Smart Cam
(Na primeira imaxe sinatura autógrafa e na segunda o autor asina o meu exemplar de pé, ás portas da taberna. Foto realizada con dispositivo móbil e pouca luz. Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)

Onte á tardiña, na taberna da casa de xantar compostelá María Castaña, acompañamos ao poeta e narrador de estirpe muxiá X. H. Rivadulla Corcón na presentación do seu novo volume de relatos, intitulado Moraime, pequena vila con mar (Positivas, 2015).

Arredor duns viños de uva mencía e duns tapiñas de callos, que nun principio ían ser só para as persoas que lesen algún dos relatos, transcorreu a agradable e diivertida velada que autor e editor argallaron para presentaren o libro. De primeiras saudou á concorrencia o sempre lacónico e agudo Paco Macías e deseguida o propio X. H. Rivadulla Corcón deu lectura a «Moraime», o relato que abre este volume dun cento de contos e logo explicou a súa xénese, o feito de naceren como colaboracións diarias no programa radiofónico «Un día por diante» da Radio Galega. A voz de Corcón leu sempre os relatos nun microespazo que foi emitido entre os anos 2008 e 2009.

A vida dos habitantes dunha ficcional vila mariñeira chamada Moraime é a cerna duns relatos con grande dose de humorismo e de fina retranca que teñen a particularidade de conformaren unha serie, malia poderen ser lidos de xeito illado, e de estaren protagonizados por máis de medio centos de amigas e amigos do propio escritor, nas que hai artistas (Correa Corredoira, Paco Pestana…), moita xente do mundo do teatro e do audiovisual galego (Anabel Gago, Elina Luaces, Manuel Manquiña, Josito Porto…), da música (o tamén literato Xurxo Souto, Pazos de Merexo, Tino Baz…), da nosa literatura (Novoneyra, García-Bodaño, Xavier R. Baixeras, Teresa Moure, Xavier Seoane, María do Cebreiro…), con moita presenza de autoras e autores da Costa da Morte (Modesto Fraga, María Lado, Alexandre Nerium, Paco Souto convertido en taberneiro) mais tamén a crítica literaria Chus Nogueira, o libreiro Antón Pedreira ou o editor Manuel Bragado, que fai as veces dun doutor que sanda aos habitantes da vila, entre moitas outras sorprendentes caracterizacións.

De feito, na presentación algunhas destas persoas que tamén estaban entre o público fixeron unha lectura dalgún dos contos nos que aparecían, como a actriz Mónica Caamaño, os actores Pepe Soto e Pepe Penabade, o libreiro Pedreira ou a traballadora editorial Chelo Carreira, no que promete ser unha norma a seguir en vindeiras presentacións do volume.

O tempo botóusenos enriba e houbo que deixar a taberna na que aínda ecoaban os personaxes fabulados por X. H. Rivadulla Corcón, que agardan a nosa visita coma lectoras e lectores cheos de curiosidade.

Comentarios desactivados en Na presentación de Moraime, pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón

Feb 24 2015

#EuSonRosalía Presentación do libro-cd De Cantares Hoxe. 34 poetas dialogan cos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro


(Imaxe tirada do facebook do Diario Cultural)

Hai case dous anos recibimos o convite da poeta Ana Romaní, directora do programa Diario Cultural, o informativo cultural da Radio Galega, para sumármonos daquela á conmemoración do 150 aniversario da edición de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro e colaborarmos co proxecto de emisións poéticas “De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no Seculo XXI”.

O proxecto concretábase na reescrita dos 36 poemas de Cantares Gallegos. Daquela, tiña eu que escoller un dos 36 poemas do libro auroral de Rosalía de Castro (que aínda non estivese a ser versionado) e escribir o meu propio poema, procurando «un diálogo poético que nada ten de submisión a un texto dado nin de tradución dun noutro senón de exercicio de libre creación a partir dun poema de Rosalía de Castro».

A proposta era suxestiva, aínda que nada doada e do resultado, emitido en maio de 2014, xa se falou nesta anotación. Daquela escribín:

O Diario Cultural da Radio Galega, que dirixe a poeta Ana Romaní, emitiu o pasado venres o texto da miña autoría que parafrasea o poema «Que ten o mozo?» de Rosalía de Castro (Cantares Gallegos, 27), dentro do proxecto «De Cantares Hoxe».

Pódese escoitar nas seguintes ligazóns:

http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-24-05-2013-592826

http://www.crtvg.es/rg/destacados/etiqueta/cantares-gallegos

Tamén está aquí:

https://www.facebook.com/diariocultural

E aquí o programa enteiro:

http://www.crtvg.es/rg/a-carta/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-24-05-2013-592822

Deseguida ofrezo o texto do poema de Rosalía de Castro e a miña paráfrase poética.

«Que ten o mozo?»

 I
¿Que ten o mozo?
¡Ai!, ¿que terá?
Ponme agora unha cara de inverno,
despois na fiada, ¡sonrisas de tal!
Quer que baile con el no muíño,
i aló pola vila nin fala quisais.
¿Que ten o mozo?
Pois… ¿que terá?

Unhas veces, canciño de cego,
por onde eu andare seguíndome vai;
nin hai sitio donde eu non atope
un Bras con cirolas i os zocos na man
¡Ai, que mociño!
¡Ai, que rapaz!

Noutro instante, ¡mirá que fachenda!:
atruxos que asombran ó mesmo lugar.
¡¡¡Brr!!!, que parece que pasa soberbo,
mandando nos homes su real maxestá.
Mociño, ¿es tolo?
¡Ai!, ¿si o serás?

Eu non podo entender, meu amore,
que airiños te levan, que airiños te trán,
nin tampouco cal xeito te cadra,
tratándose, mozo, do teu namorar.
¡Ai! ¡Dios me libre
de ti, bon Bras!

Que no meu entender te acomparo
ó mesiño de marzo marzal:
pola mañán, cariña de rosas,
pola tarde, cara de can.
¡Mala xuntanza
facemos! ¡¡Ai!!

II
¿Que di a meiguiña,
que di a traidora?
Corazón que enloitado te crubes
cos negros desprezos que a falsa che dona,
¿por que vives sofrindo por ela?
¿por que, namorado, de pena saloucas?
Si ela é bonita,
ela é traidora.

Di, con mengua de min, que non sabe
que airiños me viran, veleta mal posta…
Que cho digan, rapaza, os teus ollos,
que agora me chaman, dempois me desbotan.
Que anque es bonita,
eres traidora.

Si unhas veces amante che falo,
e si outras renego de ti…, ¡pecadora!
¿cales auguas repousan serenas,
si o vento que as manda rebole antre as ondas?
E ti ben sabes
que es revoltosa.

Son canciño de cego en quererte…:
tal bulra merece quen ama sin conta,
pois cos zocos na man ou sin eles,
ás portas do inferno seguíndote fora.
Tal estou tolo,
tal es graciosa.

¡Que de marzo marzal teño a cara…!
Quisais que así sea, mais ti, miña xoia,
tamén es cal raiola de marzo,
que agora descrube, que agora se entolda.
Iguales semos,
nena fermosa

PARÁFRASE DO POEMA QUE TEN O MOZO?

(Rosalía de Castro: Cantares Gallegos, 27)

Marzo, marzal:
pola mañán, cariña de rosas,
pola tarde, cara de can.

FALA ELA (desde o seu desasosego):
O teu rostro de inverno ora empardece,
ora de primavera xa alborece,
abala entre a fachenda e o amor cego.

Dáme a mesma dozura que che entrego,
non haberá ningún tece e destece
da que cose entre bágoas e entristece.
Ben se entende a nacenza do meu prego.

E FALA EL (desde a súa incomprensión):
Todo en ti ten beleza e fermosura
e anéganme mareas de amargura.

O teu silencio sábeme a traizón,
devezo a túa voz, morno aloumiño,
onda min a acalmar o remuíño.

Abril do 2013

(A publicación De Cantares Hoxe)

E esta tarde, aínda que malfadadamente non poderei estar, na Fundación Rosalía de Castro vaise facer a presentación do proxecto de edición da antoloxía sonora e textual De Cantares Hoxe. 34 poetas dialogan cos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro que asumiu a propia Fundación en colaboración coa Radio Galega.

Coa edición nun fermoso libro-cd culmina o proxecto promovido polo informativo cultural da radio pública que reúne os poemas inéditos escritos por 34 poetas a partir dos que Rosalía de Castro publicou no seu libro Cantares Gallegos. Unha presentación do presidente da Fundación Rosalía de Castro, o tamén poeta Anxo Angueira, e unha introdución dos tamén poetas e xornalistas Ana Romaní, Anxo Quintela e Xiana Arias preludia a escolma. Por orde de aparición no volume están as (re)escritas da autoría de Oriana Méndez, María Lado, Olalla Cociña, María Reimondez, Xabier Cordal, Román Raña, María Xosé Queizán, Xulio L. Valcárcel, Manuel Darriba, Cesáreo Sánchez, Xabier Queipo, Antía Otero, Luís González Tosar, Claudio Rodríguez Fer, Elvira Ribeiro, Helena Villar Janeiro, Celso Fernández Sanmartín, Eva Veiga, Eduardo Estévez, Yolanda Castaño, María do Cebreiro, Carmen Blanco, Dores Tembrás, Miro Villar, Gonzalo Hermo, Marta Dacosta, Susana Aríns, Lino Braxe, Arturo Casas, Manuel Forcadela, Marga Doval, Marilar Aleixandre, Claudio Pato e Luz Pozo, con separata que inlúe o poema de Xosé María Álvarez Cáccamo.

Comentarios desactivados en #EuSonRosalía Presentación do libro-cd De Cantares Hoxe. 34 poetas dialogan cos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro

Abr 04 2014

A pantasma da casa da Matanza na Radiocrítica de Armando Requeixo



(Armando Requeixo. Foto de Xoán Álvarez, tirada do dixital letraenobras)

O profesor e crítico Armando Requeixo publicita adoito na súa bitácora criticalia un microespazo denominado Radiocrítica, emitido en Ames Radio (107.2 FM, tamén on line neste enderezo), no que fai un repaso das novidades literarias.

Na Radiocrítica emitida o luns día 17 de marzo en Ames Radio dialoga coa xornalista e condutora do programa Nazaret López sobre o conto rimado da miña autoría A pantasma da casa da Matanza (Biblos, 2013) con ilustracións de Xosé Cobas.

Pódese escoitar nesta ligazón (vai entre o minutado 00:37 a 4:45). De seguirdes na escoita tamén se fala do poemario Paisaxes de pan, de Ánxela Gracián; do catálogo de fotos Xosé Neira Vilas. Memoria gráfica e do libro de viaxes Novos pasos por Bretaña, de Pemón Bouzas.

Boa escoita!

Comentarios desactivados en A pantasma da casa da Matanza na Radiocrítica de Armando Requeixo

Dec 19 2013

A pantasma da casa da Matanza, nunha entrevista no Diario Cultural da Radio Galega


(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)

Entre as tres e as catro da tarde emítese o Diario Cultural, que dirixe a poeta Ana Romaní na Radio Galega, que adoito escoitar moitas tardes aínda que por razóns laborais non o podo facer todos os días. Na edición de onte, mércores 18 de decembro, o programa incluíu na súa emisión unha entrevista que me realizou a redactora e poeta Xiana Arias para falarmos sobre a novidade do meu conto rimado A pantasma da casa da Matanza (Biblos).

De facerdes uso da «radio á carta» é posible escoitar os «podcast» de todos os programas aquí e o programa de onte nesta ligazón.

A entrevista, coa declamación previa das primeiras estrofas na voz dun actor (que non recoñezo), vai do minuto 37:15 ao 41:30, aproximadamente, aínda que, como fago sempre, recoméndovos a escoita da totalidade deste programa cultural, que é unha illa fermosa e necesario no océano das ondas.

Comentarios desactivados en A pantasma da casa da Matanza, nunha entrevista no Diario Cultural da Radio Galega

Mai 27 2013

Creación sobre o poema «Que ten o mozo?» de Rosalía de Castro (Cantares Gallegos, 27), dentro do proxecto «De Cantares Hoxe»

Published by under Poesía,Radio


(Imaxe tirada do facebook do Diario Cultural)

O Diario Cultural da Radio Galega, que dirixe a poeta Ana Romaní, emitiu o pasado venres o texto da miña autoría que parafrasea o poema «Que ten o mozo?» de Rosalía de Castro (Cantares Gallegos, 27), dentro do proxecto «De Cantares Hoxe».

Pódese escoitar nas seguintes ligazóns:

http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-24-05-2013-592826

http://www.crtvg.es/rg/destacados/etiqueta/cantares-gallegos

Tamén esta aqui:

https://www.facebook.com/diariocultural

E aqui o programa enteiro:

http://www.crtvg.es/rg/a-carta/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-24-05-2013-592822

Deseguida ofrezo o texto do poema de Rosalía de Castro e a miña paráfrase poética, alén dun fragmento que recibín para explicar o proxecto.

«Que ten o mozo?»

 I
¿Que ten o mozo?
¡Ai!, ¿que terá?
Ponme agora unha cara de inverno,
despois na fiada, ¡sonrisas de tal!
Quer que baile con el no muíño,
i aló pola vila nin fala quisais.
¿Que ten o mozo?
Pois… ¿que terá?

Unhas veces, canciño de cego,
por onde eu andare seguíndome vai;
nin hai sitio donde eu non atope
un Bras con cirolas i os zocos na man
¡Ai, que mociño!
¡Ai, que rapaz!

Noutro instante, ¡mirá que fachenda!:
atruxos que asombran ó mesmo lugar.
¡¡¡Brr!!!, que parece que pasa soberbo,
mandando nos homes su real maxestá.
Mociño, ¿es tolo?
¡Ai!, ¿si o serás?

Eu non podo entender, meu amore,
que airiños te levan, que airiños te trán,
nin tampouco cal xeito te cadra,
tratándose, mozo, do teu namorar.
¡Ai! ¡Dios me libre
de ti, bon Bras!

Que no meu entender te acomparo
ó mesiño de marzo marzal:
pola mañán, cariña de rosas,
pola tarde, cara de can.
¡Mala xuntanza
facemos! ¡¡Ai!!

II
¿Que di a meiguiña,
que di a traidora?
Corazón que enloitado te crubes
cos negros desprezos que a falsa che dona,
¿por que vives sofrindo por ela?
¿por que, namorado, de pena saloucas?
Si ela é bonita,
ela é traidora.

Di, con mengua de min, que non sabe
que airiños me viran, veleta mal posta…
Que cho digan, rapaza, os teus ollos,
que agora me chaman, dempois me desbotan.
Que anque es bonita,
eres traidora.

Si unhas veces amante che falo,
e si outras renego de ti…, ¡pecadora!
¿cales auguas repousan serenas,
si o vento que as manda rebole antre as ondas?
E ti ben sabes
que es revoltosa.

Son canciño de cego en quererte…:
tal bulra merece quen ama sin conta,
pois cos zocos na man ou sin eles,
ás portas do inferno seguíndote fora.
Tal estou tolo,
tal es graciosa.

¡Que de marzo marzal teño a cara…!
Quisais que así sea, mais ti, miña xoia,
tamén es cal raiola de marzo,
que agora descrube, que agora se entolda.
Iguales semos,
nena fermosa

PARÁFRASE DO POEMA QUE TEN O MOZO?

(Rosalía de Castro: Cantares Gallegos, 27)

Marzo, marzal:
pola mañán, cariña de rosas,
pola tarde, cara de can.

FALA ELA (desde o seu desasosego):
O teu rostro de inverno ora empardece,
ora de primavera xa alborece,
abala entre a fachenda e o amor cego.

Dáme a mesma dozura que che entrego,
non haberá ningún tece e destece
da que cose entre bágoas e entristece.
Ben se entende a nacenza do meu prego.

E FALA EL (desde a súa incomprensión):
Todo en ti ten beleza e fermosura
e anéganme mareas de amargura.

O teu silencio sábeme a traizón,
devezo a túa voz, morno aloumiño,
onda min a acalmar o remuíño.

Abril do 2013

(PROXECTO)

O Diario Cultural, o informativo cultural da Radio Galega, súmase á conmemoración do 150 aniversario da edición de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro co proxecto de emisións poéticas “De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no Seculo XXI”.

A proposta enmarcase na xenealoxía do literario e do seu carácter de palimpsesto no que tempos e voces conflúen, escriben e reescriben na consciencia do seu propio eco. Ao tempo “De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no Seculo XXI” gustaría de subliñar a vixencia da voz poética de Rosalía de Castro e a capacidade que a súa obra ten de seguir a xerar diálogos. Ademais pois a historia da literatura é tamén sonora, o proxecto pretende contribuir á conformación dun  arquivo poético sonoro no que o poema, a súa dicción, adquira a relevancia que  grafía adquire no texto escrito.

“De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no Seculo XXI” procura os acentos da obra de Rosalía de Castro na dicción e na escrita contemporánea. Non se trata de trasladar senón de re-crear, de crear cos materiais da poética contemporánea as tensións que emerxen nos textos de Rosalía de Castro. O proxecto concretase  na reescrita dos 36 poemas de Cantares Gallegos. É por iso que nos diriximos ti, para solicitar a túa participación nesta iniciativa. Trataríase de escoller un dos 36 poemas de Cantares Gallegos e nesa mesma substancia do texto escribir o  teu propio poema, procúrase un diálogo poético que nada ten de submisión a un texto dado nin de tradución dun noutro senón de exercicio de libre creación a partir dun poema de Rosalía de Castro.

Trala gravación do texto lido na túa propia voz, rexistro sonoro para o que se desprazaría un equipo técnico da Radio Galega,  procederíase á emisión das pezas sonoras que constarían  do poema orixinal de Rosalía de Castro e o novo poema da túa autoría. A emisión realizarase  no Diario Cultural da Radio Galega e noutros programas da radio publica de Galicia ao longo deste ano 2013. No mes de maio procederíase á presentación de toda a serie cunha lectura pública dos poemas, acto para o que agradeceriamos a túa participación.

A Radio Galega conforme aos obxectivos que marca a Lei de Creación da CRTVG quere contribuir á divulgación da obra de Rosalía de Castro, sumarse á conmemoración do 150 aniversario da edición de Cantares Gallegos e propiciar ao tempo un diálogo interxeracional entre a obra da escritora e as novas poéticas que conforman o corpus contemporáneo da poesía.

Con estes obxectivos presenta o proxecto “De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no Seculo XXI”. Unha serie de emisións radiofónicas nas que os poemas de Cantares Gallegos en diálogo coas poéticas do século XXI son reescritos por autores e autoras contemporáneos.

Comentarios desactivados en Creación sobre o poema «Que ten o mozo?» de Rosalía de Castro (Cantares Gallegos, 27), dentro do proxecto «De Cantares Hoxe»

Mai 16 2013

As letras da Costa da Morte a debate



(Premer nas imaxes para unha mellor lectura)

A celebración do 17 de maio, Día das Letras Galegas, propiciou que a semana pasada Radio Voz-Bergantiños xuntase a cinco autoras e autores da Costa da Morte e a dous activistas culturais de longo alento para debater sobre a situación da creación literaria na comarca.

Na gravación para o programa que conduce a xornalista Mar Varela estivemos convidados Xosé María Lema Suárez, Rocío Leira, Paco Souto, Diana Varela Puñal e eu propio para representarmos a feraz literatura de noso, completando a táboa redonda Nel Vidal Barral, do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo e Presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), e Xosé María Varela Varela, en representación da máis antiga e magna celebración, o Festiletras do Couto (Ponteceso).

O debate foi escaso nesta táboa redonda, xa que as coincidencias eran moitas, e resultou máis que nada unha exposición persoal sobre diversos temas que foron suxeridos pola condutora do programa. En calquera caso, foi unha boa maneira de adiantarmos o Día das Letras Galegas.

Con posterioridade, La Voz de Galicia en Carballo, na súa edición en papel dominical recolleu unha escolma das nosas intervencións, da man da propia Mar Varela e de Ángel Palmou, que se reproducen para a súa lectura nas dúas anteriores imaxes e tamén nas dúas que seguen.


Comentarios desactivados en As letras da Costa da Morte a debate

Mar 19 2013

Recensión do poemario Breizh no Diario Cultural da Radio Galega

Published by under Poesía,Radio,Recensións

Recupero o programa do Diario Cultural da Radio Galega, que dirixe a poeta Ana Romaní, emitido o pasado martes 5 de marzo do 2013, onde o meu poemario Breizh (Toxosutos, 2012) foi obxecto da recensión da crítica e profesora María Xesús Nogueira (na foto).

Velaquí a ligazón:
http://www.crtvg.es/rg/a-carta/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-05-03-2013-543697

Ou o podcast do programa:

Breizh(5-03-2013)

Facendo uso da «radio á carta» tamén se pode escoitar aquí o programa através da rede, que eu non tivera ocasión no seu momento, coas palabras exactas sobre os poemas da miña autoría. A recensión vai, máis ou menos, do minuto 34:10 ao 41:30, e Chus Nogueira fala do haiku en xeral e do meu libro en particular en conversa coa directora do programa, Ana Romaní, e coa redactora Xiana Arias, ambas e dúas tamén poetas.

Así a todo, recomendo a escoita completa do programa, pois entre os seus interesantes e variados temas tamén se fala da publicación da obra poética de Ramón Otero Pedrayo, Xeórxicas do pan (Galaxia, 2013).

Comentarios desactivados en Recensión do poemario Breizh no Diario Cultural da Radio Galega

Ago 20 2012

Avelino Pousa Antelo (1914-2012), in memoriam


(Rianxo 1985: con Avelino Pousa Antelo; Gustavo Santiago Valencia; Pepita Blanco, viúva de Modesto Rodríguez Figueiredo; o alcalde, Xosé Bravo Frieiro e Francisco Fernández del Riego. Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)


(Rianxo 1985: Ánxeles García Sumay (Anxos Sumai) en primeiro plano, con Avelino Pousa Antelo; Gustavo Santiago Valencia e Pepita Blanco, viúva de Modesto Rodríguez Figueiredo)


(Rianxo 1985: Brinde con Avelino Pousa Antelo e Pepita Blanco, viúva de Modesto Rodríguez Figueiredo) (Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)

Na miña persoal lembranza de homenaxe ao galeguista Avelino Pousa Antelo, que nos deixou hoxe, 20 de agosto, recupero as imaxes e boa parte do texto dunha anotación publicada nesta bitácora co título “Memoria Literaria (I): En Rianxo, case vinto e cinco anos atrás“, pois foi nese acto onde coñecín e tratei por vez primeira a don Avelino, que sempre estivo á miña beira nesa xornada de inmensa ledicia para min e que se unira con entusiasmo á proposta de facermos un brinde pola memoria de Castelao. Nesa anotación dicía eu:

Reproduzo unhas vellas fotos que atopou polo Concello de Rianxo o seu técnico de Cultura, e poeta amigo, Fernando R. Lavandeira, porque estas imaxes son unha excelente xustificación para lembrar o meu primeiro texto que deu en aparecer publicado nun libro, aínda que fose colectivo, pois o meu primeiro libro individual é o poemario Ausencias pretéritas (Espiral Maior: 1992).

Anos antes, en 1985, fun merecedor do XI Premio de Narracións Curtas «Modesto Rodríguez Figueiredo», convocado polo Patronato do Pedrón de Ouro, polo relato «Augas de silencio», que a xuízo de Basilio Losada, presidente do xurado, significaba «toda una revelación». Aquel xurado estivera composto ademais por Avelino Pousa Antelo, como secretario, Avelino Abuín de Tembra, Carmen García Rodríguez, Manuel Quintáns Suárez e Luís Alonso Girgado. Andando o tempo tiven trato con algunhas destas persoas e mesmo Carmen García Rodríguez foi unha das miñas docentes de Lingua Galega cando me reincorporei aos estudos para facer Filoloxía Galego-Portuguesa na USC.

Naquela convocatoria de 1985 resultaran accésits dúas persoas que hoxe considero amigas e un escritor xa desaparecido. O primeiro accésit fora para Ánxeles García Sumay (quen hoxe asina como Anxos Sumai) por «Relembranzas con Palmira e banana split»; o segundo foi para o finado Manuel Riveiro Loureiro por «Meirama» e o terceiro para Xosé Manuel Fernández Castro por «Segrel Charles o asombrador». Todos catro están publicados no volume colectivo Premios Pedrón de Ouro 1985 / 1986 (Sada: Edicións do Castro, 1987), con esa curiosa capa que semella a guía Vía Michelin.

O premio entregouse na noite do 28 de decembro do 1985 nun acto (ao que corresponden as fotografías) desenvolvido no Concello de Rianxo, entidade patrocinadora nesa edición, coa presenza de moitos persoeiros, entre os que estaban Pepita Blanco, a viúva de Modesto Rodríguez Figueiredo; do alcalde naquela altura, Xosé Bravo Frieiro; o secretario do patronato, Avelino Pousa Antelo, quen leu a acta do xurado e do mantedor, tamén membro do Patronato, Francisco Fernández del Riego, quen fixo unha semblanza dos escritores rianxeiros desde Paio Gome Charinho até Rafael Dieste, salientando a Manuel Antonio, Castelao e Faustino Rey Romero“.

Os seguintes parágrafos da anotación pódense ler aquí, centrados xa no anecdotario que lembro daquela xornada. Alén diso, salientarei que no andar do tempo coincidín moitas veces co vello mozo galeguista, Avelino Pousa Antelo, en moitos actos, case sempre acompañado dos escritores David Otero e Xoán Xosé Fernández Abella, e sempre houbo tempo para un saúdo e para unhas palabras de agarimo. Son moitas as semblanzas que o recordan hoxe, mais vou salientar o excelente programa especial do Diario Cultural da Radio Galega, que dirixe a poeta Ana Romaní, que incluíu unha das últimas entrevistas gravadas co vello mozo galeguista.

Que a terra che sexa leve, vello mestre!

Comentarios desactivados en Avelino Pousa Antelo (1914-2012), in memoriam

Mar 26 2012

«Passeio pelas rotinas de António Tabucchi»

Published by under Narrativa,Radio


(Antonio Tabucchi, por Vasco no diário português Público)

A morte do escritor italiano Antonio Tabucchi en Lisboa está a encher moitas páxinas, nomeadamente nos xornais portugueses (aínda moito máis do que nos italianos). E tamén espazos de radio e de televisión. Destes últimos chamounos poderosamente a atención o microespazo «Passeio pelas rotinas de António Tabucchi» emitido pola emisora TSF Rádio Notícias (Lisboa: 89.5 FM | Porto: 105.3 FM), ligada ao Diário de Notícias, pois tiveron a feliz idea de visitar en Lisboa o lugar onde vivía, a Rua do Monte Olivete, para seguir os pasos do escritor pola capital, falando cos seus veciños para tratar de descubrir as rotinas dun «homem distinto». A breve reportaxe da xornalista Cristina Lai Men pódese escoitar nesta ligazón.
E «Na Rua do Monte Olivete» é o título dun fermoso artigo de João Céu e Silva, que no Diário de Notícias fala da casa onde moraba Antonio Tabucchi. Velaquí:
«A casa onde o escritor Tabucchi morava em Lisboa fica numa rua a descer para o rio Tejo e das suas varandinhas lia-se um romance inteiro apenas com o olhar. Roupas a secar ao sol que só ilumina a rua por inteiro durante muito pouco tempo; janelas de madeira desde o rés-do-chão, de onde os mais sem vergonha podiam roubar um saco de batatas ao marçano só com o esticar do braço; portas emperradas a tapar a vida aos velhos que por ali ainda moram, de onde um pontapé certeiro amolga os carros que as entaipam; passeios tão apertados que só os lingrinhas e as misses ali cabem e uma inclinação que deixava qualquer um a arfar. Era uma casa apropriada para se escrever o romance que se via dessas varandinhas, com um número qualquer pendurado na ombreira de pedra cá em baixo, algo escura ainda no primeiro andar, cuja escadaria dava logo para a sala ampla. O chão de madeira coberto com tapetes rangia um pouco e havia que ter cuidado para não se tropeçar na decoração. O escritor Tabucchi gostava de se sentar num dos sofás e falar, sempre chegado à frente, com receio que a posição colada às costas do móvel interrompesse aquele fluxo de ideias que oferecia quando estava a gostar da conversa. De uma entrevista com ele era certo poder-se fazer duas ou três e guardar ainda umas belas frases para um dia como o de ontem em que foi anunciada a sua morte. Mas não vale a pena revolver a gaveta dos blocos para encontrar a última que me deu porque ainda está muito fresca na memória. Como o escritor Tabucchi falou! Do livro em causa, das traduções, dos outros já escritos e dos ainda por escrever; de pensar em português mas não lhe ser fácil escrever nesta língua; da cultura de Portugal, de Itália e de França; da política de cá e de lá, do processo na justiça com o primeiro-ministro cantor. A rua que agora perdeu um dos seus moradores chama-se Rua do Monte Olivete, onde morava o vizinho que ao abrir a janela lia um romance inteiro na vida que passava por aquela calçada de pedra negra».

Comentarios desactivados en «Passeio pelas rotinas de António Tabucchi»