Xan 25 2018

Adeus a Claribel Alegría. O poema «Dame tu mano amor» na súa voz

Published by at 22:28 under Gravacións,Obituarios,Poesía

Esta semana foi triste para a Poesía. Se trasantonte finaba o poeta chileno da anti-poesía Nicanor Parra, esta tarde deixounos a poeta nicaraguano-salvadoreña Claribel Alegría. Que a Terra americana lles sexa leve!

Como pequena homenaxe a Claribel, de quen citei uns versos nun dos meus textos, reproduzo a lectura do poema «Dame tu mano amor» na súa voz. Foi editado o pasado e recente 7 de setembro de 2017 na canle de videos de youtube de Marta Leonor Gonzalez Ortega. (https://400elefantes.wordpress.com/)

E deseguida reproduzo tamén un fragmento da anotación (19/05/2017) que escribín sobre Claribel Alegría no momento de recibir o Premio de Poesía «Reina Sofía»:

Á poeta nicaraguano-salvadoreña (pois ela propia reclama ser dos dous países) Claribel Alegría vén de serlle outorgado o Premio de Poesía «Reina Sofía» e nesta anotación quixera lembrar o primeiro libro da súa autoría ao que me acheguei como lector. Foi o poemario intitulado Saudade, publicado por Visor en 1999. A esa lectura seguiron outras da súa dilatada obra, como o magnífico Otredad (Visor, 2011), porén sempre voltei a aquela Saudade, mesmo uns versos do poema «Dame tu mano» serviron de inspiración e pórtico para un texto de meu.

Trátase do poema 28 intitulado «O cárcere», que fai parte do libro As crebas (Espiral Maior, 2011), merecedor do XIII Premio de poesía «Concello de Carral». Reproduzo deseguida este texto e previamente o poema de Claribel Alegría co que dialoga. Velaquí:

DAME TU MANO

“Hoy me gusta la vida mucho menos pero siempre me gusta vivir”…

César Vallejo

Dame tu mano
amor
no dejes que me hunda en la tristeza
Ya mi cuerpo aprendió
el dolor de tu ausencia
y a pesar de los golpes quiere seguir viviendo. No te alejes
amor
encuéntrame en el sueño defiende tu memoria
mi memoria de ti
que no quiero extraviar. Somos la voz
y el eco
el espejo
y el rostro
dame tu mano
espera
debo ajustar mi tiempo hasta alcanzarte.

CLARIBEL ALEGRÍA

28

O cárcere
dame tu mano
espera
debo ajustar mi cuerpo
hasta alcanzarte

«Dame tu mano», Saudade (1999), CLARIBEL ALEGRÍA

Máncaste como o Sol de febreiro dá en Gures e sentes o abandono na pel de Caneliñas, un lugar de cetáceos, confín da desmemoria que proe nos sentidos con reverberación.

Pensas de xeito inútil qué axustes no teu corpo son precisos agora no leito das baleas para non percibires arpóns cheos de dúbidas a desangraren lentos os solpores do inverno.

E soñas co panóptico dun cárcere distante, non é Reading, son outras as baladas e o canto fala de liberdade, sutil antimonía, e comungas cos presos os motivos da culpa, todos tan diferentes como as mans que descobres, semellantes ás túas no afán inaprensible.

As crebas (Espiral Maior, 2011)

No responses yet

Trackback URI | Comments RSS

Deixa unha resposta