Out 27 2017

«La Pàtria», de Bonaventura Carles Aribau, traducido por Antón Zapata García á nosa lingua



(Ms. 923. Bonaventura Carles Aribau. Oda a la pàtria. Fonte: Biblioteca de Catalunya)

Benvinguda, República Catalana!

A obra poética do noso Antón Zapata García (Laxe, 1886 – Bos Aires, 1953) tan só inclúe unha única tradución á nosa lingua da obra doutros poetas. Trátase dun texto patriótico do catalán Bonaventura Carles Aribau, intitulado «La Pàtria» («A Patria»), que se publica na revista Galicia, Federación de Sociedades Gallegas, Bos Aires, nº 460, 22 de marzo de 1936, introducido pola seguinte Nota da Redacción: «Traduito do idioma catalán ô idioma galego, por A. Zapata García, como relembro e honoranza ô precursor do aitual Rexurdimento Literáreo Catalán, Boaventura Calros Aribau, ôs 102 anos d-habérese publicado tan outo e nobre poema pol-a ves primeira, no mes d-Agosto de 1833». Ademais, aparece datado polo autor: «Bôs Aires, 1936» e despois do seu nome aparece a palabra (traduitor).

Bonaventura Carles Aribau i Farriols (1798-1862) escribiu este poema en Madrid para felicitar ao banqueiro Gaspar de Remisa (1784-1847). Apareceu publicado o ano 1833 no diario barcelonés El Vapor. É un canto de añoranza de Catalunya e de exaltación da lingua. Foi considerado como o iniciador do ‘Romanticisme’ catalán e do fenómeno cultural e literario de ‘La Renaixença’.

No longo poema, Bonaventura Carles Aribau tamén amosa o seu amor pola lingua dos seus devanceiros, nunha estrofa así traducida na versión na versión de Zapata: Enméigame falar a língoa d-aquels sábeos / qu-encheron o universo de seus costuns e leis, / d-aquels fortes a língoa, que acataron os reis, / defendendo seus dreitos, vingando seus agráveos.

E fala de cantar na Língoa lemosina, ou lemosín, un termo que se utilizou desde o século XVI para designar a lingua catalá, inspirándose no seu parentesco co occitano, usando o nome dun dos seus dialectos, o da rexión noroccidental de Limoges. No século XIX, cando Bonaventura Carles Aribau escribiu a oda La Pàtria (1833) o termo estendeuse tamén ás Illes Balears e Valencia, popularizándose durante a Renaixença. Significaba unha denominación unitaria para a lingua sen referencias xeográficas para evitar susceptibilidades, porén, a mediados do XIX, os especialistas en literatura trobadoresca consideraron inadecuada ea denominación e, nos Jocs Florals de 1862, Marià Aguiló y Fuster reivindicou a recuperación da denominación “catalán”.

Deseguida reproduzo o texto orixinal e a tradución do noso Antón Zapata García para saudar a proclamación nesta data histórica da República Catalá.

LA PÀTRIA

(Trobes)

A Déu siau, turons, per sempre á Déu siau;
O serras desiguals, que allí en la patria mia
Dels nuvols é del cel de lluny vos distingia
Per lo repos etrern, per lo color mes blau.

Adéu tú, vell Montseny, que dés ton alt palau,
Com guarda vigilant cubert de boyra é neu,
Guaytats per un forat la tomba del Jueu,
E al mitg del mar immens la mallorquina nau.

Jo ton superbe front coneixia llavors,
Com coneixer pogués lo front de mos parents;
Coneixia també lo só de los torrents
Com la veu de ma mare, ó de mon fill los plors.

Mes arrancat després per fals perseguidors
Ja no conech ni sent com en millors vegadas:
Axi d´arbre migrat á terras apartadas
Son gust perden los fruits, é son perfum las flors.

¿ Qué val que m´haja tret una enganyosa sort
A veurer de mes prop las torres de Castella,
Si l´cant dels trovadors no sent la mia orella,
Ni desperta en mon pit un generos recort ?

En va á mon dels pais en als jo m´trasport,
E veig del Llobregat la platja serpentina;
Que fora de cantar en llengua llemosina
No m´queda mes plaher, no tinch altre conort.

Pláume encara parlar la llengua d´aquells sabis
Que ompliren l´univers de llurs costums é lleys,
La llengua d´aquells forts que acatáren los Reys,
Defenguéren llurs drets, venjáren llurs agravis.

Muyra, muyra l´ingrat que al sonar en sos llabis
Per estranya regió l´accent natiu, no plora;
Que al pensar en sos llars no s´consum ni s´anyora,
Ni cull del mur sabrat las liras dels seus avis.

En llemosí soná lo meu primer vagit,
Quant del mugró matern la dolça llet bebia;
En llemosí al Senyor pregaba cada dia,
E cántichs llemosins somiaba cada nit.

Si quant me trobo sol, parl ab mon esperit,
En llemosi li parl, que llengua altra no sent,
E ma boca llavors no sap mentir, ni ment,
Puix surten mas rahons del centre de mon pit.

Ix, doncs, per a expressar l’afecte més sagrat
Que puga d’home en cor gravar la mà del cel,
Oh llengua a mos sentits més dolça que la mel,
Que em tornes les virtuts de ma innocenta edat.

Ix, e crida pel món que mai mon cor ingrat
Cessarà de cantar de mon patró la glòria
E passe per ta veu son nom e sa memòria
Als propis, als estranys, a la posteritat.

Fonte: ARIBAU i FARRIOLS, Bonaventura. «La Pàtria (Trobes) ». El Vapor. Barcelona, 24 de Agosto de 1833. p. 3.

A PATRIA

(De B. C. ARIBAU)

Adéus, sexades montes; por sempre adéus, comarca;
ouh, serras desemellas que aló na patria miña,
das nubens e do ceo, lonxán, bô ollar vos tiña,
pol-o eternal repouso e pol-a côr máis zarca.

Adéus, vello Montseny, que, en pazo de monarca,
câl garda abesullante que croben bruma e neve,
por un furado a foxa ben vês que o xudéu teve
e, ô médeo ô mar imenso, a mallorquina barca.

Eu túa ergueita fronte coñescía a loubores
câl coñescer poidera a fronte ôs meus parentes;
coñescía tamén o son dos teus torrentes
coma a voz da ña nai ou do meu fillo as dôres.

Mais, dempóis arrincado pol-os fados traidores,
xa non conozo e sinto câl nos millores días;
eisí, d-árbor migrado a terras lonxanías,
seu gosto os fruitos perden e seu arume as frores.

¿Qué vâl que me trouxera unha enganosa sorte
pra máis de preto ollar as terras de Castela,
se a cántiga do bardo non sinte a miña orela,
nin no meu peito esperta lembranza abonda e forte?

Condúzme ô meu país n-un máxico trasporte,
e do Llobregat vexa a praia en serpentina,
que fora de cantar na língoa lemosina
non teño máis pracer nin teño outro conforte.

Enméigame falar a língoa d-aquels sábeos
qu-encheron o universo de seus costuns e leis,
d-aquels fortes a língoa, que acataron os reis,
defendendo seus dreitos, vingando seus agráveos.

¡Morra, morra o mal fillo que ô soar nos seus lábeos
por eistrana rexión o tôn nadal, non chora,
que, ô lembrar o seu lar, non se consome e añora,
nin do sagro altar colle a lira dos abáveos!

No lemosín sonóu o meu primal xemir,
cando da nai no seo a leite doz bevía;
no lemosín a Deus pregaba cada día,
e lemosíns cántigas soñaba ô me durmir.

Se cando fico soio, pr-ô meu esprito ouvir,
no lemosín a Deus pregaba cada día,
e lemosíns cantigas soñaba ô me durmir,
pois xurden no meu peito razóns do meu decir.

Vai, logo, pra eispresal o amore máis verdá
que poida en corazón pôr d-home a man d-Aquel,
ouh, língoa ôs meus sentidos docîsma máis que a mel,
que tórnasme âs virtus da miña tenra edá.

Vai, e berra pl-o mundo que ingrato non será
meu corazón cantando do meu patrón a grórea;
e diga túa voz seu nome e súa memórea,
ôs própeos, ôs eistranos e â posteridá.

Comentarios desactivados en «La Pàtria», de Bonaventura Carles Aribau, traducido por Antón Zapata García á nosa lingua

Comments are closed at this time.