Out 02 2017

Comunicado do PEN Catalá e de Escriptors AELC sobre a violencia policial do 1 de outubro

Published by at 22:10 under Manifestos,Política


Comunicat conjunt de @PENCatala i @EscriptorsAELC sobre la violència policial d’ahir.

Fago miña esta comunicación da AELG, da que fago parte.

Prezada Socia, prezado Socio,

Comunicámosche que a AELG vén de facer público a súa adhesión ao comunicado da AELC e Pen Català sobre a violencia policial do día 1 de outubro en Cataluña.

Á vista dos feitos acontecidos o día 1 de outubro en Cataluña, a AELG mostra a súa solidariedade e apoio ao comunicado emitido o día de onte pola PEN Català e Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (AELC) que acompañamos traducido e cuxa versión orixinal se pode consultar en https://www.escriptors.cat/.

A AELG exprésalles o seu apoio ás e aos colegas da Associació d’Escriptors en Llengua Catalana e do PEN Català na súa denuncia desta intervención inxustificábel.

Os estatutos da AELG recollen que esta entidade se adhire á Declaración Universal dos Dereitos Humanos, comprometéndose a loitar pola xustiza social e as liberdades individuais, especialmente con respecto aos escritores e escritoras, e as linguas e culturas nacionais minorizadas.

O Consello Directivo da AELG

3 de outubro de 2017

Comunicado do PEN Català e da Associació d’Escriptors en Llengua Catalana sobre a violencia policial de onte en Cataluña

2 de outubro de 2017

Diante dos feitos de represión vividos onte en Cataluña durante a xornada do referendo convocado polo President do Govern catalán, como organizacións de escritores que velamos pola liberdade de expresión, queremos denunciar a vulneración de moitos dos dereitos humanos fundamentais, como son o da liberdade de expresión, de información e de reunión.

Onte, ante unha sociedade pacífica que quería exercer o dereito democrático e inalienable a participar nun referendo de autodeterminación, as forzas policiais do Estado español actuaron contra a poboación inerme de maneira indiscriminada e impune, tal como o reflectiron os principais medios de todo o mundo.

Unha vez máis, as autoridades españolas renunciaron a empregar a política para resolver conflitos territoriais e, unha vez esgotada a vía xudicial en beneficio político, acabaron utilizando tamén a vía represiva. A violencia, e máis aínda se é gratuíta, é sempre inaceptable e nunca é proporcional. Onte a intención era acabar de ofender a todo un pobo, despois de días de vulnerar dereitos adquiridos e de menosprezar as súas institucións democráticas.

Queremos denunciar estas actuacións ante a comunidade internacional e pedimos a solidariedade de todas aquelas entidades que traballan pola defensa dos Dereitos Humanos.

PEN Català e Associació d’Escriptors en Llengua Catalana

No responses yet

Trackback URI | Comments RSS

Deixa unha resposta