Feb 15 2017

Cinco haikus de Breizh na revista dixital Crear en Salamanca

A revista dixital Crear en Salamanca vén de publicar unha escolla de cinco haikus do meu poemario Breizh (Toxosoutos, 2012) en versión orixinal e nunha versión ao castelán de autoría propia, a solicitude do amigo Alfredo Pérez-Alencart, poeta peruano e profesor da Universidade de Salamanca (USAL), asentado nesa cidade e a quen coñecín persoalmente por volta do ano 2006 cando veu a Compostela convidado polo Pen Clube de Galicia para facer parte do I Encontro Internacional de Escritores ‘De pedra e de palabra: Europa e Iberoamérica’, que xuntou na nosa cidade a máis de 50 autores galegos, europeos e iberoamericanos.

Deseguida reproduzo tamén os textos, que se poden ler nesta ligazón, conservando as imaxes coas que aparecen na publicación dixital, aínda que invertendo a orde, pois en Crear en Salamanca vai primeiro a versión castelá e logo o orixinal e aquí deille a volta.


(Gauguin, Autorretrato)

I

PONT-AVEN (1886-1894)

Nada perdura
salvaxe e primitivo.
Foxe Paul Gauguin.

***

Nada perdura
salvaje y primitivo.
Huye Paul Gauguin.


(Gauguin, Autorretrato, 1888)

II

PONT-AVEN (2007)

Mercado da arte,
Paul Gauguin enche crêpes,
rara atmosfera.

***

Mercado de arte,
Paul Gauguin llena crêpes,
atmósfera rara.


(Max Jacob, de Carlos Cruz Alix)

III

MAX JACOB. Autoportrait, 1938

De profecías
endúrecese o rostro.
Drancy e Auschwitz.

***

De profecías
se endurece tu rostro.
Drancy y Auschwitz.


IV

LES AMOURS JAUNES

Outono en follas
de amores amarelos,
malditos versos.

***

Otoño en hojas
de amores amarillos,
malditos versos.


V

ROBERT SURCOUF

La Confiance enche
de pólvora corsaria
a dor e a perda.

***

La Confiance llena
de pólvora corsaria
dolor y pérdida.

Comentarios desactivados en Cinco haikus de Breizh na revista dixital Crear en Salamanca

Comments are closed at this time.