Dec 22 2016

Sorteo de dous exemplares asinados do poemario Gameleiros, con fotografías de Manuel Álvarez

Published by at 16:34 under Poesía,Premios

Se outra volta non vos tocou a lotaría do nadal, poderedes probar sorte coa nosa literatura.

Máis unha vez, como promoción da lectura na nosa lingua (que ben a precisa), contra a crise económica (que o é tamén do libro e que non desapareceu como queren facernos crer), e para celebrarmos que esta bitácora leva xa 1136 anotacións desde que naceu (xuño do 2011), vou realizar un sorteo de dous exemplares asinados do poemario Gameleiros (2002), con fotografías de Manuel Álvarez, en fermosa edición xa descatalogada por Xerais.

BASES

O sorteo é internacional. Poderán participar persoas de todo o mundo que teñan interese pola literatura en lingua galega.

Pregunta

Para participar cómpre dar axeitada resposta a esta sinxela pregunta:

Un dos gameleiros ten por alcume Che, que tamén é o nome da súa embarcación. A que se pode deber esta nomeada?

a) Por ser seareiro do Valencia CF.

b) Polo seu uso do pronome átono de dativo ou CI.

c) Por ser un nome de orixe hebrea.

d) Polo pronome relativo italiano.

e) Por Ernesto «Che» Guevara.

Resposta

As respostas deben enviarse como comentario na propia anotación do blogue crebas.blogaliza.org,

nun chío coa palabra-chave ou hashtag #CheGameleiros

ou nunha mensaxe directa dirixida á conta de twitter @MiroVillar indicando un enderezo de contacto.

Premios

Dous exemplares asinados do poemario Gameleiros, con fotografías do guardés Manuel Álvarez, sorteados entre todas as respostas que atinen, que levará a sinatura do autor e unha agarimosa dedicatoria especial para a persoa que os gañadores ou as gañadoras sinalen.

Prazo

Desde hoxe mesmo até as 23:59 do cinco de xaneiro do 2017. Boa sorte!

3 responses so far

3 ResponsesSorteo de dous exemplares asinados do poemario Gameleiros, con fotografías de Manuel Álvarez to “”

  1. Ana Bureson 27 Dec 2016 at 17:58

    Penso que é a resposta c) xa que Che (Xosé) é un nome de orixe hebrea.

  2. Xanon 30 Dec 2016 at 12:57

    Eu decántome pola resposta B

  3. Severiano Pérez S.on 30 Dec 2016 at 15:16

    #CheGameleiros
    A resposta é a e) Por Ernesto “Che” Guevara.

    Cordial saudo