Feb 02 2016

Os exemplares asinados do poemario Gameleiros, con fotografías de Manuel Álvarez, viaxan para Castroverde e Ferrolterra

Published by at 17:47 under Autografías,Poesía,Premios

20PopiePacoCabrera
(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)

As persoas que seguen esta bitácora ou a miña conta de Twitter @MiroVillar puideron participar no sorteo de dous exemplares asinados do poemario Gameleiros, con fotografías do guardés Manuel Álvarez, en fermosa edición xa descatalogada por Xerais, para así celebrarmos que este blogue xa chegara até as mil anotacións ou artigos nesta xanela aberta ao mundo o 28 de xuño de 2011.

Para participar había que lle dar axeitada resposta a esta sinxela pregunta:

Gameleiros é unha homenaxe con imaxes e versos a traballadores do mar d’A Guarda que se nomean polos seus alcumes. A fotografía de Manuel Álvarez escollida é a única do libro que retrata a dúas persoas, Popi e Paco Cabrera.

Con que dous irmáns / irmaos míticos se comparan nos versos?
a) Hansel e Gretel.
b) Os Bolechas.
c) Cástor e Pólux.
d) Irmáns Grimm.
e) Caín e Abel.
f) Zipi e Zape.
g) Rómulo e Remo.

E as respostas debían enviarse como comentario na propia anotación do blogue
crebas.blogaliza.org
nun chío coa palabra-chave ou hashtag #irmáns ou #irmaos
ou nunha mensaxe directa dirixida á conta de twitter @MiroVillar

A resposta axeitada era c) Cástor e Pólux e houbo nove persoas que atinaron, cinco a través de comentarios na bitácora e as outras catro fixérono nun chío ou nunha mensaxe directa na conta de twitter @MiroVillar.

Moito me agradaría que todas elas recibisen exemplares do libro Gameleiros mais non era posible e foron sorteados dous entre todas as respostas atinadas. Cada exemplar leva a sinatura do autor e unha agarimosa dedicatoria especial para a persoa que o gañador ou gañadora sinale e esas dúas persoas foron:

@SilviaLopezL (Silvia López, Castroverde)

@lupeces (Lupe Ces, Ferrolterra)

Obrigado, moitas grazas a todas as persoas que participaron no sorteo.

E moitos parabéns ás dúas persoas premiadas e a gozardes coa lectura!

One response so far

One ResponseOs exemplares asinados do poemario Gameleiros, con fotografías de Manuel Álvarez, viaxan para Castroverde e Ferrolterra to “”

  1. Lupe Ceson 04 Feb 2016 at 23:45

    Chegou-me esta maravilha de livro, obrigada e parabéns aos dous autores.