Xan 13 2016

#anotación1001 Sorteo de dous exemplares asinados do poemario Gameleiros (2002), con fotografías de Manuel Álvarez

Published by at 20:23 under Poesía,Premios

Gameleiros

E para celebrarmos que esta bitácora acadou as mil anotacións ou artigos, esta #anotación1001 reitera o meu agradecemento ás persoas que vos achegades a esta xanela aberta ao mundo e, máis unha vez, vou realizar un novo sorteo de dous exemplares asinados do poemario intitulado Gameleiros (2002), con fotografías de Manuel Álvarez, en fermosa edición xa descatalogada por Xerais.

BASES

O sorteo é internacional. Poderán participar persoas de todo o mundo que teñan interese pola literatura en lingua galega.

Pregunta

Para participar cómpre dar axeitada resposta a unha sinxela pregunta. Antes recoméndasevos a lectura da que foi a derradeira anotación que escribín en 2015 para recibir o 2016.

Gameleiros é unha homenaxe con imaxes e versos a traballadores do mar d’A Guarda que se nomean polos seus alcumes. A fotografía escollida é a única do libro que retrata a dúas persoas, Popi e Paco Cabrera.

Con que dous irmáns / irmaos míticos se comparan nos versos?

a) Hansel e Gretel.

b) Os Bolechas.

c) Cástor e Pólux.

d) Irmáns Grimm.

e) Caín e Abel.

f) Zipi e Zape.

g) Rómulo e Remo.

Resposta

As respostas deben enviarse como comentario na propia anotación do blogue crebas.blogaliza.org,

nun chío coa palabra-chave ou hashtag #irmáns ou #irmaos

ou nunha mensaxe directa dirixida á conta de twitter @MiroVillar indicando un enderezo de contacto.

Premios

Dous exemplares asinados do poemario Gameleiros, con fotografías do guardés Manuel Álvarez, sorteados entre todas as respostas que atinen, que levará a sinatura do autor e unha agarimosa dedicatoria especial para a persoa que os gañadores ou as gañadoras sinalen.

Prazo

Desde hoxe mesmo até as 23:59 do 31 de xaneiro do 2016. Boa sorte!

6 responses so far

6 Responses#anotación1001 Sorteo de dous exemplares asinados do poemario Gameleiros (2002), con fotografías de Manuel Álvarez to “”

  1. paideleoon 14 Xan 2016 at 21:55

    Pois eu poño Cástor e Pólux, por exemplo.

    Noraboa polo teu blogo que eu descoñecía totalmente. Ignorante que é un.

    E a seguir a conta.

  2. Igor Lugrison 25 Xan 2016 at 23:38

    Eu digo a c): Cástor e Pólux.

    Saudações!!!

  3. Violeta corujoon 26 Xan 2016 at 01:01

    Castor e Polux

  4. dolores vazquezon 27 Xan 2016 at 20:51

    A resposta correcta é a c): Cástor e Polux. Sinto ter que confesar que tiven que recurrir a googlear para coñecer quen eran.
    Saúdos e sorte para todos os participantes.

  5. Ramón Vázquezon 31 Xan 2016 at 22:56

    Os irmáns míticos cos que se comparan Popi e Paco son: Cástor e Pólux

  6. […] as respostas debían enviarse como comentario na propia anotación do blogue crebas.blogaliza.org nun chío coa palabra-chave ou hashtag #irmáns ou #irmaos ou nunha mensaxe directa dirixida á […]