Archive for Marzo, 2015

Mar 31 2015

No 101 centenario do nacemento de Octavio Paz

Published by under Efemérides,Ensaio,Poesía

OctavioPazSignos
OctavioPaz
(Portada de Teatro de signos. Transparencias e fotografía de Octavio Paz. Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)

Ao fío do 101 centenario do nacemento de Octavio Paz (Cidade de México, 31 de marzo de 1914 – 19 de abril de 1998), poeta e ensaísta mexicano que mereceu o Premio Nobel de Literatura en 1990, veño a recordar que fun e aínda son agradecido lector dos seus versos e dos seus ensaios poéticos, por máis que me afastase dos seus posicionamentos políticos liberais dos seus últimos anos que nada me interesaban.

De feito, a miña querencia pola súa lectura vén de vello, como demostra o feito de que na miña opera prima, o sonetario Ausencias pretéritas (Espiral Maior, 1992), hai tres citas iniciais que abren o libro. A primeira é do poeta norteamericano Wallace Stevens (Poetry is the supreme fiction, madame) e a terceira do poeta francés Boileau (Un sonnet sans d’faut vaut seul un long poème), mentres que a segunda é un parágrafo de Octavio Paz, que non está tirado dun libro da súa autoría, aínda que pertence a El mono gramático (1974), senón do volume intitulado Teatro de signos. Transparencias. Selección y montaje de Julian Rios, (Madrid: Editorial Espiral, Fundamentos, 1974), no que o compilador e tamén poeta Julián Ríos realiza unha montaxe con fragmentos en prosa e fragmentos poéticos da obra de Paz. O anaco que escollín e que me pareceu sempre moi revelador vén afirmar:

El poeta no es el que nombra las cosas,
sino el que disuelve sus nombres, el que
descubre que las cosas no tienen nombre
y que los nombres con que las llamamos
no son suyos.

OCTAVIO PAZ

Comentarios desactivados en No 101 centenario do nacemento de Octavio Paz

Mar 27 2015

Unha lembranza do escritor Suso López Gaioso (Suso do Páramo)

Published by under Contos,Obituarios,Poesía

SusodoPáramo0 SusodoPáramo2 SusodoPáramo1

O primeiro día deste mes de marzo foise, sen moito ruído como viviu sempre, aos 52 anos un escritor galego pouco coñecido lonxe da súa comarca sarriá ou das terras luguesas. Non creo, ou non coñezo, que se escribisen moitas lembranzas da súa obra e da súa persoa e mesmo non é doado achegar datos biobibliográficos. A Galipedia, esa fonte anónima de coñecementos, sinala brevemente:

Suso López Gaioso, coñecido como Suso do Páramo, nado en Friolfe (O Páramo) en 1962 e finado en Vigo (O Páramo) o 1 de marzo de 2015, foi un escritor e político galego.

Traxectoria
Encabezou a candidatura do BNG para as eleccións municipais no seu concello do Páramo.

Obra
Algo máis que señardade
Sempre no Páramo (2001)
Historias do Alto Minho (2006).

E aí remata a cousa. Peneirando aquí e acolá, sabemos que colaborou coa AGAL (Associaçom Galega da Língua); que da súa primeira obra Algo mais que señardade publicouse unha segunda edición en 2011 e que o libro de poemas e prosas breves Sempre no Páramo (2001) e as Historias do Alto Minho (2006) publicounas a editorial luguesa Scio, D.L., aínda que supoñemos que tan só as imprimiu e que foron edicións de autor.

A lembranza máis persoal de Suso do Páramo atopeina en cabaretvoltaire, a bitácora do escritor e xornalista Santiago Jaureguizar, que o 5 de marzo escribiu a seguinte anotación:

CON SUSO DO PÁRAMO, NO ALASKA. SEGUIDO DUN ADEUS

Suso do Páramo e máis eu estivemos tomando un café no Alaska, na rúa de San Pedro. Faloume un catálogo das árbores de Friolfe, fíxome un inventario dos regatos de Friolfe, dos cultivos do tempo san en Friolfe. Eu imaxinaba reservando a miña ignorancia labrega. Suso era delgado, o seu corpo inclinábase lixeiramente buscando unha comodidade que nunca lle consentiu a vida e levaba melena, procurando unha femineidade coa que lle marchara o nacemento. Pero era femenino nos dedos longos como o cansanzo e nas unllas atrevidamente felinas para o ambiente rural de almorzar tinto con ovo batido do que procedía. Suso vivía en Friolfe, a sua parroquia, aínda que botase o máis tempo en Lugo; Suso era Suzana, ainda que os seus documentos o castrasen como Jesús López. Suso morreu hai uns días. Fixérame chegar unha nota cativa e de letra incerta coma as que pasaban os presos ás familias entre os barrotes dos cárceres vellos. Anunciaba sen quebra que estaba a morrer; pedía, sen pedir, unha visita. Andei buscando un burato de tempo; unha hora, nada máis lle pedía a todas as cousas que Doña Importancia me ía impoñendo. Onte vin a fotografía no periódico. Morreu en Friolfe, dicían. Claro, Suso, onde habías morrer?

Santiago Jaureguizar lembra nesta agarimosa evocación sobre todo a personalidade de Suso do Páramo, que amaba e defendía o rural labrego e que vivía con dificultades a súa transexualidade.

Non tiven eu ocasión de tratar persoalmente a Suso López Gaioso, porén si que o lembro en actos literarios na Compostela de finais dos oitenta e tamén en moitas manifestacións políticas do nacionalismo de esquerda, mais a derradeira vez que debemos coincidir debeu ser no soterramento do meu amigo e camarada o psiquiatra Ramom Muntxaraz falecido en xullo de 2008.

Suso do Páramo mantivo unha páxina web persoal (friolfe.com) que, por fortuna, aínda se pode atopar na rede para lermos as súas anotacións etnográficas, literarias, políticas… e de moitas outras temáticas. Delas rescato a penas tres textos, precisamente o que lle dedicou a Ramom Muntxaraz (xullo de 2008); un no que fala de literatura intitulado «O regueiro do Redondo» e o derradeiro que publicou «Tiros en Friólfe» publicado o xoves, 16 de outubro de 2014.

E, finalmente, engado un dos seus poemas «Viviremos na Floresta» que se publicou nas páxinas de Xistral. Revista Lucense de Creación Poética (Nº 17, primavera de 2014) e que pode ler tamén baixando un pdf.

Que a terra che sexa leve, Suso López Gaioso, Suso do Páramo.

(Publicado o xoves, 17 de julho de 2008)

Ramom Muntxaraz, vizinho de Friolfe

O dia um de Julho teve a triste oportunidade de assistir ao enterro de Ramom Muntxaraz, galego nascido em Toledo com os primeiros recordos na Puebla de Montalbam e descendente de vascos. Mas, como se dixo alí, Ramom Muntxaraz era um galego de toda a Galiza, e pelo tanto de Friólfe, que sempre recordava com funda saudade.

Durante algum tempo, Ramom Muntxaraz atendeu como psiquiatra aos doentes mentais do Páramo, mas nom é isto o que o vincula principalmente ao Páramo, e sobretudo a Friólfe, onde a sua participaçom política, social e cultural deixou forte pegada, principalmente arredor da Agrupaçom Cultural Lume Novo, onde partilhou com o Manolo da Cal, símbolo do associacionismo no Páramo e morto também jovem.

Os tempos de vinculaçom física do Ramom Muntxaraz a Friolfe eram distintos dos actuais, pois ainda era uma freguesia povoada, luitando pela modernizaçom da agricultura, que afinal foi mais negativa que positiva, e por desgraça o futuro apresenta-se muito pior que o passado porque o que move tudo é a alienaçom, contra a que o Muntxaraz tanto luitou, e nom só como psiquiatra.

Entre as coisas que o Ramom Muntxaraz deixa sem fazer, mas que outra gente poderá fazer, está uma viage a Friólfe da que falaramos nom há muito, e na que sem dúvida entrariamos na freguesia pela estrada na que há o caseto de referência, que está caindo, como simbolo da decadência.

Para mim e para mais gente, Ramom Muntxaraz será sempre un vizinho de Friólfe.

Suso L. Gaioso

(Publicado o xoves, 18 de setembro de 2008)

O regueiro do Redondo

Uma pessoa -crêio que exagerando- dixo do meu livro Historias do Alto Minho que era demasiado masculino para sêr duma transexual. E evidente que a maioria do que aí relato tem por protagonistas homes, singelamente porque nesses mundos a vida social era bem maioritariamente masculina. Quiçá deve-se reflectir o mundo das espalhadoiras das malhas e das mulheres que se juntavam arredor do regueiro a lavar… e quiçá nom o fixem por respeto, dado que esse mundo femenino do rural esteve submetido à infravaloraçom, marginaçom e tergiversaçom.

A minha vinculaçom à vida social femenina na minha aldeia nada melhor a pôde reflectir que quando ia lavar roupa com a minha mãe ao Regueiro do Redondo, que nom era um regueiro senom um lavadoiro numa canle de cristalinas augas que saindo do Regueiro da Varja regavam o prado de Vilaminho outrora propriedade da casa do Redondo.

Para ir ao lavadoiro havia dois caminhos de a pé, dependendo de se era da aldeia de Sizo ou do lugar de Seoane, e junto do lavadoiro havia duas pontes, uma para ir á fonte e ao lavadoiro e outra mais grande pela que só passavam os de Vilaminho para o prado. E todo isto produze-me saudade, porque hoje nom o há, mas também nom há a rã roxa, nem os câdavos crias dela e de outros anfibios, nem ninfas de cabalinho do demo, todos depredadores de pragas. Menos mal que às vezes aparesce algum corvo cabreado.

Suso L. Gaioso

(Publicado o xoves, 16 de outubro de 2014)

TIROS EM FRIÓLFE

Friólfe sempre teve sona por ouvir-se tiros pela noite, ao que contribuia em boa parte que tem muito monte e a abundância de caça noutros tempos.

Hogano os tiros que se ouvem de noite, e de dia, nom proceden de actividades clandestinas senon de trevelhos alimentados por bombonas de butano, cuja missom é expantar aos paxaros dos cultivos, o qual fia perigar a sua sobrevivença e que proliferem as pragas sobre umas plantas nas que se nota bastante a falta dos polinizadores.

Afortunadamente, alguma gente nom está embrutecida, e voltaram-se vêr ferreirinhos entre os fatoeiros.

Suso L. Gaioso

VIVIREMOS NA FLORESTA

Viviremos na floresta
rodeadas de animais
que reciclarán o lixo
mais non irán á despensa;
teremos a nosa cama
xunto dos nobres carballos,
quentaranos a lareira
que faremos de arxila;
queimaremos xestas, uces,
toxos e tamén carqueixas.
Coidaremos os coellos,
as galiñas e as ovellas.
Os abellóns andarán
á beira da nosa casa
e polinizarán todo
canto rodee o lar noso.
Iremos da biblioteca
para a alcoba e a cociña.
E cando chova ben forte
andaremos baixo as pólas,
anfitrioas de animais
que fuxindo da humidade
e guiados polo cheiro
que sae da comida quente
pasarán días con nós.

SusodoPáramo3 SusodoPáramo4

Comentarios desactivados en Unha lembranza do escritor Suso López Gaioso (Suso do Páramo)

Mar 27 2015

Na presentación da 2ª edición de Costa do Solpor, a novela de Xosé Mª Lema Suárez

Lema26-03-15(1)
Lema26-03-15(2)
(Capturas de imaxes realizadas con dispositivo móbil. Premer para agrandar o tamaño)

Onte, na compostelá Libraría Pedreira, fixen parte do público que acompañou a Xosé Mª Lema Suárez na presentación da 2ª edición da súa novela Costa do Solpor (Xerais), que recentemente recibiuo recoñecemento á mellor obra na modalidade de Creación Literaria da Fundación Premios da Critica Galicia, da que o xurado salientou que «asume diversos modelos narrativos cunha ampla documentación histórica e un rexistro lingüístico rico, poñendo en valor os territorios literarios vinculados co mar».

Máis unha vez, o amigo Xosé Mª Lema Suárez debullou nunha amena e interesante intervención os antecedentes da novela, que se sitúan na coñecida obra intitulada A illa do tesouro, de Robert Louis Stevenson, e na que o escritor escocés deixou un portelo aberto ao final. Falounos de como este portelo xa foi continuado por algúns escritores e de que así tamén naceu Costa do Solpor, ao imaxinar que a tripulación no seu regreso a Bristol tivese novas aventuras e percances na costa atlántica galega que naquela altura non se podía denominar Costa da Morte, topónimo de pouco máis dun cento de anos e xurdido no xornalismo. Tamén deitou moita información sobre o escritor escocés Robert Louis Stevenson e a súa familia de fareiros, que serviu para falar da aparición destas estruturas arquitectónicas na nosa costa, décadas despois de que xa se construíran a centos nas costas británicas.

E deseguida debullou os itinerarios e os personaxes principais da súa propia novela, anunciando que a páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) vén de publicar a «Ruta Costa do Solpor», que se vén sumar a outros tres roteiros da zona xa existentes neste sitio: a «Rota pondaliana» (de Manuel Ferreiro), a «Costa da Morte» (de Francisco Fernández Naval) e «Fisterra» (de Modesto Fraga). Pódese acceder a ela de balde nesta ligazón e tamén desde a propia bitácora persoal de Xosé Mª Lema Suárez, tamén denominada costadosolpor.

Non vou sinalar polo miúdo unha información que a xenerosidade de Xosé Mª Lema Suárez puxo ao dispór de todo o lectorado da novela e do público en xeral, pois velaí está para quen queira debruzarse sobre ela, mais direi para dar cabo a esta anotación que as persoas presentes no acto acollimos con ledicia a posibilidade suxerida polo autor de que en breve o Seminario de Estudos Comarcais (SemEsCom) podería argallar unha xeira para facer o roteiro e contribuír á súa divulgación.

Ogallá a profecía se faga realidade e poidamos acompañar ao amigo Xosé Mª Lema Suárez polos espazos naturais e os escenarios nos que transcorre a súa excelente novela de aventuras Costa do Solpor, que agora chega á súa 2ª edición, todo un fito para a literatura da Costa da Morte.

Comentarios desactivados en Na presentación da 2ª edición de Costa do Solpor, a novela de Xosé Mª Lema Suárez

Mar 24 2015

Poemas (LXXV): [que um nó de sangue na garganta] e outros poemas de Herberto Helder

Herberto Helder (Funchal, São Pedro, 23 de Novembro de 1930 – Cascais, 23 de março de 2015) deixounos onte á idade de 84 anos e son moitas as evocacións e lembranzas do poeta madeirense que hoxe se publican en xornais e revistas da lusofonía, mais tamén europeas ou mundiais, como era de agardar para un dos grandes nomes da poesía portuguesa contemporánea.

Asocio a miña primeira lembranza coas miñas lecturas dos anos oitenta. Non coñecía nada da súa obra cando o citaba o poeta Miguel Anxo Fernán-Vello como un autor básico na súa formación á pregunta que o profesor Luciano Rodríguez Gómez lle facía na antoloxía Desde a palabra, doce voces. Nova poesía galega (Sotelo Blanco, 1996). De feito, varios poetas da denominada Xeración dos Oitenta teñen citado a Herberto Helder como poeta a considerar e algúns deles chegaron a ter relacionamento persoal (como por exemplo testemuñou Manuel Forcadela nun chío no seu twitter).

Porén, para eu me decidir a entrar na súa lectura foi decisiva a entrevista asinada por Xosé Lois García co título «Herberto Helder, no centro do projecto poético», que se publicou na revista Luzes de Galiza, nº dobre 5/6. Inverno-primavera 1987, que tamén incluía unha fotografía do poeta en Nazaré da autoría de Xurxo Lobato. Nesa altura Xosé Lois Garcia asinaba en cada número da revista unha entrevista con algún poeta de sona en lingua portuguesa. A excelente e completa entrevista chegou a ter eco en Portugal e o diario Público reproduciuna por enteiro, aínda que sen a introdución e a sinatura de Xosé Lois García, aproveitando que Herberto Helder viña de publicar a segunda edición da compilación Poesía toda (Assirio & Alvim).

Desa maneira (re)coñecín a Herberto Helder coma un dos grandes poetas portugueses contemporáneos e libros da súa autoría ocupan un lugar sobranceiro nos andeis da miña biblioteca persoal. Entre eles está o seu derradeiro libro A Morte sem Mestre (Porto Editora, 2014) do que acompaño cinco poemas, os mesmos que o autor recita no video da canle youtube. Cinco minutos dunha lectura grata e inesquecible. E ao remate desta anotación reproduzo tamén un documento sorprendente que achei hoxe na rede para proibir (así di en trazo manuscrito) por ter passagens de grande obscenidade un seu libro, por parte dun funcionario da PIDE, a policía da ditadura salazarista.

De primeiras, os cinco poemas.

[que um nó de sangue na garganta]

que um nó de sangue na garganta,
um nó de ar no coração,
que a mão fechada sobre uma pouca de água,
e eu não possa dizer nada,
e o resto seja só perder de vista a vastidão da terra,
sem mais saber de sítio e hora,
e baixo passar a brisa
pelo cabelo e a camisa e a boca toda tapada ao mundo,
por cada vez mais frios
o dia, a noite, o inferno, o inverno,
sem números para contar os dedos muito abertos
cortados das pontas dos braços,
sem sangue à vista:
só uma onda, só uma espuma entre pés e cabeça,
para sequer um jogo ou uma razão,
oh bela morte num dia seguro em qualquer parte
de gente em volta atenta à espera de nada,
um nó de sangue na garganta,
um nó apenas duro

[a última bilha de gás durou dois meses e três dias]

a última bilha de gás durou dois meses e três dias,
com o gás dos últimos dias podia ter-me suicidado,
mas eis que se foram os três dias e estou aqui…
e só tenho a dizer que não sei como arranjar dinheiro para outra bilha,
se vendessem o gás a retalho comprava apenas o gás da morte,
e mesmo assim tinha de comprá-lo fiado,
não sei o que vai ser da minha vida,
tão cara, Deus meu, que está a morte,
porque já me não fiam nada onde comprava tudo,
mesmo coisas rápidas,
se eu fosse judeu e se com um pouco de jeito isto por aqui acabasse nazi,
já seria mais fácil,
como diria o outro: a minha vida longa por muito pouco,
uma bilha de gás,
a minha vida quotidiana e a eternidade que já ouvi dizer que a habita e move,
não me queixo de nada no mundo senão do preço das bilhas de gás,
ou então de já mas não venderem fiado
e a pagar um dia a conta toda por junto:
corpo e alma e bilhas de gás na eternidade
– e dizem-me que há tanto gás por esse mundo fora,
países inteiros cheios de gás por baixo!

[queria fechar-se inteiro num poema]

queria fechar-se inteiro num poema
lavrado em língua ao mesmo tempo plana e plena
poema enfim onde coubessem os dez dedos
desde a roca ao fuso
para lá dentro ficar escrito direito e esquerdo
quero eu dizer: todo
vivo moribundo morto
a sombra dos elementos por cima

[Se um dia destes parar não sei se não morro logo]

Se um dia destes parar não sei se não morro logo,
disse Emília David, padeira,
não sei se fazer um poema não é fazer um pão
um pão que se tire do forno e se coma quente ainda por entre as linhas,
um dia destes vejo que não vou parar nunca,
as mãos súbito cheias:
o mundo é só fogo e pão cozido,
e o fogo é o que dá ao mundo os fundamentos da forma,
pão comprido nas terras de França,
pão curto agora nestes reinos salgados,
se parar não sei se não caio logo ali redonda no chão frio
como se caísse fundo em mim mesma,
a mão dentro do pão para comê-lo
– disse ela.

[meus veros filhos em que mudei a carne aflita]

meus veros filhos em que mudei a carne aflita
com o arrepio a que chamam alma,
e a luz com nome desconhecido,
filhos vivos à força de dor e condição escrava,
vivos como quem espera um dia para morrer mais,
ou mais depressa,
ou mais devagar como sempre acontece a quem ainda espera:
poemas
diria eu de rabo escondido com o gato de fora,
ao vapor de verão no ar aonde entram as pessoas,
e os gatos misteriosamente dormem e acordam,
e entre sono e vigília sonham acaso as suas gatarias,
poemas como gatos sem casa ao sabor
uns dos outros,
estio e inverno agora no mundo
libérrimo, dificílimo,
gataria de poemas: sem dono e sem peixe certo:
só a chuva e o bom tempo
e o amor e o ódio impetuosos uns aos outros:
poemas quando se vai com a mão
e bufam e arranham logo

Herberto Hélder

A Morte sem Mestre (Porto Editora, 2014)

E velaquí o documento da PIDE:
HerbertoHelder

Comentarios desactivados en Poemas (LXXV): [que um nó de sangue na garganta] e outros poemas de Herberto Helder

Mar 24 2015

A Coruña en Verso: De ti e das cidades (II)

Published by under Fotografía,Poesía

Foto-Chano-Amado
(Fotografía de Chano Amado. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)

O amigo Francisco «Chisco» Fernández Naval faime chegar a anotación da revista cultural dixital Vivir na Coruña que esta semana incorpora na sección «A cidade en verso» un soneto da miña autoría que escribín por volta de 1990 e que se publicou no meu primeiro poemario Ausencias pretéritas (Espiral Maior, 1992). Nese texto, o monólogo da voz poética enmárcase no espazo dos xardíns e dos vidros da fachada atlántica coruñesa.

Agradezo aos xestores da páxina, Lucía e Daniel (fillo do «Chisco») a reprodución do soneto e as garimosas palabras que lle serven de presentación, malia diciren que os rostros dos Gameleiros son da Costa da Morte, cando en realidade veñen sendo da costa, tamén brava, do sur da Nación: A Guarda.

A anotación pódese ler aquí e velaí vai tamén.

A Coruña en Verso: De ti e das cidades (Miro Villar)

23 Marzo, 2015 Vivir na Coruña Coruña en verso

Comezamos cada semana cunha cita coa poesía sobre A Coruña. Hoxe os versos son dun membro do Batallón Literario da Costa da Morte, Miro Villar.

Miro Villar (Cee, 1965), poeta, autor de literatura infantil e libros de ensaio, a el debemos edicións que recuperan a obra dos escritores Antón Zapata García ou Gonzalo López Abente. Doutor de Literatura Comparada, profesor de lingua e literatura galega, foi membro doBatallón Literario da Costa da Morte. Recibiu numerosos premios, entre eles o Tívoli-Europa no ano 1999, polo libro Equinoccio da primavera. Os seus últimos  poemarios foron Gameleiros, libro que amosa os rostros do mar da Costa da Morte con fotografías de Manuel Álvarez, ou As crebas, que dá título ao seu blog.

O poema que publicamos hoxe pertence ao seu primeiro libro Ausencias Pretéritas, segundo da última parte titulada De ti e das cidades.

De ti e das cidades

2

COS zapatos lustrosos amencín na Coruña,
e os ollos confundidos polas luces da albada
coidaron que te viran nos xardíns recostada
nunha varanda, soño parvo como eu supuña.

O recordo entrou louco no corazón, con cuña
que un culto nigromante chama gume de espada,
do sangue desprendido naquela rabuñada
teño tres enfermeiras que están de testemuña.

Pero o meu pensamento non ficou retorcido
nin ando pola vida no papel de tartufo
facendo finximento da paixón amorosa,

nin sequera contigo fun de talante rufo,
de veras que arestora síntome compunxido,
que o cristal da cidade difunda a xolda nosa.

Libro: Ausencias Pretéritas

Autor: Miro Villar

Comentarios desactivados en A Coruña en Verso: De ti e das cidades (II)

Mar 21 2015

Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO, Irina Bokova, co gallo do Día Mundial da Poesía, 2015 (Versión galega)

Published by under Efemérides,Poesía

DiadaPoesia2015
(Cartaz pendurado nun valado do CEIP A Maía co gallo do Día Mundial da Poesía, 2015)

Neste 21 de marzo do 2015, Día Mundial da Poesía, declarado pola UNESCO en 1999, tampouco atopei por ningures a versión galega da mensaxe da súa Directora Xeral, Irina Bokova. E como fixen o ano pasado, polo seu indubidable interese reproduzo novamente nesta bitácora esa mensaxe (a versión que publico é de elaboración propia), que na miña opinión resulta de lectura obrigada. Os subliñados en negra son da miña autoría.

Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO, Irina Bokova, co gallo do Día Mundial da Poesía

21 de marzo de 2015

O poeta John Burnside escribiu: «Se o que nos empeñamos en chamar destino parece inexplicable ou cruel é unicamente porque carecemos de imaxinación para desexar o que nos achega, para o iluminar con algo máis enxeñoso que a consternación.».

Este é o poder da poesía. O poder da imaxinación que ilumina a realidade e insufla aos nosos pensamentos algo máis enxeñoso que a consternación.

A poesía, cántico universal do ser humano, expresa o anhelo de cada muller e de cada home de comprender o mundo e compartir esta comprensión cos demais, mediante palabras ordenadas cun ritmo e unha métrica. Quizais non haxa nada máis delicado que un poema e, así a todo, como expresa todo o poder da mente humana, non hai nada máis resistente.

A poesía, tan antiga como a propia humanidade e igual de diversa, ten as súas raíces en tradicións, orais e escritas, tan variadas como o rostro humano, que capta a profundidade das emocións, os pensamentos e os anhelos que guían a cada muller e a cada home.

A poesía é a expresión íntima que lle abre as portas aos demais, enriquece o diálogo que impulsa todo progreso humano, tece os lazos entre as culturas e lembra a todas as persoas o destino que comparten. Así, a poesía é unha expresión fundamental da paz. En palabras de Cherif Khaznadar, galardoado co Premio UNESCO-Sharjah da Cultura Árabe: “O coñecemento do outro é a porta ao diálogo, e o diálogo unicamente pode establecerse na diferenza e no respecto da diferenza”. A poesía é a expresión suprema da diferenza no diálogo e no espírito de unidade.

Cada poema, aínda que único, reflicte o universal da experiencia humana, o anhelo de creatividad que trascende todos os límites e as fronteiras, tanto de tempo coma do espazo, na afirmación constante de que a humanidade forma unha única e soa familia.

Este é o espírito do Día Mundial da Poesía, e esta é a convicción que guía o labor da UNESCO para consolidar a humanidade como unha única comunidade, mediante a salvagarda do patrimonio documental poético no marco do Programa Memoria do Mundo, así como o patrimonio inmaterial da humanidade. Estes valores plasman na reciente inscrición do “zajal” na Lista Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade da UNESCO. Esta expresión tradicional da poesía libanesa irmanda a tolerancia e o diálogo para resolver conflitos e reforzar a cohesión social.

Nestes tempos de incerteza e turbulencia, quizais nunca necesitamoz tanto do poder da poesía para achegar as mulleres e os homes, para forxarmos novas formas de diálogo e para cultivarmos a creatividade que todas as sociedades necesitan hoxe en día. Esta é a mensaxe da UNESCO no Día Mundial da Poesía.

Irina Bokova

Comentarios desactivados en Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO, Irina Bokova, co gallo do Día Mundial da Poesía, 2015 (Versión galega)

Mar 20 2015

Dous libros de poemas de libre acceso: Poética, de Fran Alonso e Cinsa, de Marta Dacosta

Published by under Poesía

FranAlonsoPoética
(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)

Na véspera do Día Mundial da Poesía apráceme dar conta nesta bitácora de dous libros de poemas de libre acceso que asinan un poeta e unha poeta da miña promoción ou xeración (Poesía dos 90) a quen moito estimo tanto como atento lector da súa obra literaria como desde o ámbito persoal da amizade. Con Fran Alonso e con Marta Dacosta, ambos e dous vigueses en curioso azar, teño coincidido ducias de veces nacelebración pública da palabra poética desque aqueles afastados tempos da revista Ólisbos, os amantes da palabra (1986-1997), que se editaba na Facultade de Filoloxía da USC e que foi berce e acubillo de moitas voces que seguen aínda hoxe a petar ben forte na nosa literatura.

A primeira referencia é a última proposta de literatura electrónica de Fran Alonso (Vigo, 1963), sempre na avangarda da poesía dixital, quen nos agasalla co seu libro Poética. En deficición do propio Fran: «É un libro de poemas de acceso libre que supón unha aposta clara pola poesía transmedia e dixital, algo bastante inédito ata o de agora».

Velaquí a ligazón que dá acceso libre ao libro de poemas:

http://www.poetica.gal

E sobre o seu proceso de creación, é ben interesante debruzarse aquí:

http://poetica.gal/sobre-o-libro/

A segunda proposta é unha reedición strictu sensu do libro Cinsa, de Marta Dacosta (Vigo, ), que xa fora anteriormente editado en acuática, a bitácora da poeta, despois de se fanar unha proxectada edición en papel que nunca chegou a ver lume.

Agora, na páxina web do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) pódese acceder a unha anovada edición dixital que permite ser baixada de balde, nunha actualización realizada por Miguel Anxo Mouriño. Antes de accedermos á descarga atopamos esta información sobre o libro:

«Cinsa é o que queda despois de arder, como a memoria é o pouso da vida. De cinsas e memorias vai este poemario; de situacións, vivencias, recordos, devanceiros… rescatados do pasado e peneirados polo persoal xirgo de Marta. O IEM comprácese en pór a disposición dos seus lectores, grazas á xenerosidade da poeta, este libro de poemas de Marta Dacosta, inédito en impresión tradicional. E neste día, no que se cumpren 49 anos do pasamento de Victoriano Taibo, recordamos que o mestre galeguista, escritor e poeta, lingüista, académico, home comprometido coa terra, a cultura e a lingua galega, aínda espera pola homenaxe dun Día das Letras Galegas»

E en palabras da súa autora Marta Dacosta: «Cinsa foi escrito hai once anos e concibido como unha especie de álbum de poemas en que ás veces hai unha anotación gráfica: fotografías actuais realizadas por Alfredo López, Tokio, ou a propia autora; imaxes antigas ou o debuxo titulado “Cronopio e tartaruga” de Aldán López Dacosta».

Velaquí novamente a ligazón onde se pode descargar o libro de balde:

http://www.minhor.org/component/content/article/42-destacados/1161-libros-dixitais-do-iem-para-descargar-cinsa-de-marta-dacosta

E a min tan só me resta parabenizar a Fran Alonso e a Marta Dacosta por este novo encontro co lectorado de poesía que lle ha (hemos) estar abondo agradecidos pola súa xenerosa achega.

(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
MartaDacostaCinsa

One response so far

Mar 19 2015

Convocatoria do III Premio de Poesía Gonzalo López Abente

Published by under Poesía,Premios

III PREMIO DE POESÍA GONZALO LÓPEZ ABENTE
III PREMIO DE POESÍA GONZALO LÓPEZ ABENTE
(Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)

Na proximidade do Día Mundial da Poesía (21 de marzo) a Fundación Gonzalo López Abente vén de convocar o III Premio de Poesía Gonzalo López Abente, para libros de poemas en lingua galega, en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

As bases da convocatoria, que reproduzo deseguida, tamén se poden ler na páxina web da Fundación, neste documento en pdf ou no dixital quepasanacosta. Tan só lembrar que o prazo de presentación de orixinais pecha o 27 de abril do 2015.

BASES III PREMIO DE POESÍA GONZALO LÓPEZ ABENTE

A Fundación Gonzalo López Abente, coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, convoca o III Premio de Poesía Gonzalo López Abente , en lingua galega.

1. Poderán concorrer ao III Premio de Poesía Gonzalo López Abente autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega, conforme á normativa vixente. Os textos presentados serán inéditos, condición que se estende ao soporte dixital, e non poderán estar premiados en ningún outro concurso de poesía.

2. A extensión dos textos non deberá ser menor a 400 versos.

3. De cada orixinal presentarase en sobre pechado sen remite catro copias en papel, mecanografadas a dobre espazo e debidamente encadernadas ou grampadas, antes do día 27 de abril de 2015, na sede da fundación: Fundación Gonzalo López Abente R/ Virxe da Barca, 49. Casa das Beiras 15124 Muxía (A Coruña) Indicarase no sobre “III Premio de Poesía Gonzalo López Abente”.

4. Os orixinais presentaranse baixo lema e xunto coas copias achegarase un sobre pechado, identificado co mesmo lema, que conterá o nome e os apelidos do autor ou autora, enderezo postal, número de teléfono e enderezo electrónico.

5. O xurado estará composto por tres poetas de recoñecido prestixio no ámbito da literatura galega e como secretario/a actuará un representante da fundación.

6. O premio terá una dotación única de 2.000 €, suxeito á normativa fiscal vixente, e máis unha peza escultórica conmemorativa. A obra premiada será propiedade do seu autor ou autora, agás a primeira edición, que será publicada por Edicións Xerais de Galicia. En posteriores edicións, ao igual que na primeira, farase constar a condición de premiada no III Premio de Poesía Gonzalo López Abente.

7. O premio poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado así o estime e a decisión será inapelable.

8. Os orixinais non premiados poderán ser recollidos na sede da fundación , previa solicitude, no prazo dun mes. Os que neste prazo non sexan recollidos destruiranse.

9. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das bases e da interpretación que delas faga o xurado, non admitíndose recurso contra a decisión que este adopte nas súas funcións.

Comentarios desactivados en Convocatoria do III Premio de Poesía Gonzalo López Abente

Mar 17 2015

Laudatio ao poeta e académico Salvador García-Bodaño

SalvadorGarcía-Bodanho
Esta noite foille entregada ao poeta e académico Salvador García-Bodaño a Medalla de Ouro da cidade e o título de Fillo Adoptivo de Santiago de Compostela, cumprindo un acordo unánime da cámara municipal (conformada a día de hoxe por PP, PSOE e BNG) que se aprobou en pleno o pasado 26 de decembro.

Salvador García-Bodaño (Vigo, 1935), como se sinala na páxina da RAG: «mantén unha estreita relación con Santiago de Compostela desde a súa etapa universitaria, cando se dá a coñecer como poeta nos Xogos Minervais organizados pola súa universidade, e pasa a formar parte activa da vida cultural, social e política santiaguesa. Así, a primeiros dos 60 promove, xunto con outros, a creación da Agrupación Cultural O Galo –entidade pioneira en Galicia entre as dedicadas ao activismo cultural de signo galeguista- participa na fundación do Partido Socialista de Galicia e centra en temas relacionados coa cidade santiaguesa boa parte da súa produción xornalística e literaria, coma o libro Tempo de Compostela, Premio da Crítica española para poesía en lingua galega».

Por volta de 2010, cando eu facía os labores de secretario (hoxe demitido) do Pen Clube de Galicia, decidimos de xeito unánime honrar a Salvador García-Bodaño na homenaxe que a entidade realiza baixo o epígrafe «O oficio de escritor». Recibín do noso presidente, o poeta Luís González Tosar, a encomenda de escribir un saúdo e unha laudatio para o acto de entrega. O caso é que este acto non se celebrou e as urxencias que me solicitaron ficaron no esquecemento. Con posterioridade, o 14 de xuño de 2013, entregóuselle pola mesma entidade o «VI Premio Voz de Liberdade», mais a lectura do meu texto non se fixo necesaria.

Como eu adoito ser cumpridor coa miña palabra dada, escribín en novembro de 2010 esta laudatio que agora reproduzo, ad maiorem gloriam do amigo Salvador García-Bodaño, a quen parabenizo por tan merecidos recoñecementos públicos.

Saúde, Poeta!

LAUDATIO

Este encontro ao que nos convoca o Pen Clube de Galicia baixo a denominación «O oficio de escritor» reconvértese felizmente nesta edición en «O oficio de poeta» para nos xuntar arredor da persoa e da obra de Salvador García-Bodaño. E a quen lles fala, en nome da entidade, aprácelle moito que así sexa porque nos trae á memoria o magnífico libro que co mesmo título escribira o meu amado Cesare Pavese. Non me resisto, pois, a ler para vostedes un fragmento, acaído para todos os poetas con oficio, como é o noso homenaxeado de hoxe:

“As palabras son o noso oficio. Dicímolo sen sombra de timidez ou ironía. As palabras son cousas tenras, intratables e vivas, mais están feitas para o home e non o home para elas. Todos sentimos que vivimos nun tempo no que cómpre volver levar as palabras á sólida e espida nitidez de cando o home as creaba para se servir delas” (O oficio de poeta).

Agradézolle a Salvador García-Bodaño poder “servirme” da súa palabra poética, pois os seus versos e os dos seus compañeiros de xeración (esa que din ‘Xeración das Festas Minervais’ e que outros nomean como ‘Xeración dos 50’) fan parte das miñas lecturas e das de moitos poetas da miña promoción como os grandes autores galegos e primeiros contemporáneos que lemos, alén dos clásicos. Velaí a nos iluminar a obra de Manuel María (1930) e Uxío Novoneyra (1930), Xohana Torres (1931), Bernardino Graña (1932), Antón Avilés de Taramancos (1935), Ramón Lorenzo (1935) e o propio García Bodaño (1935), Alexandre Cribeiro (1936), X. L. Franco Grande (1936), X. L. Méndez Ferrín. (1938) ou Arcadio López Casanova (1942). Como podería esquecer estes nomes se, permítanme botar man do anecdotario persoal, a miña primera lectura pública de versos xunto a outros membros do colectivo Un Medio (Rafa Villar e Estevo Creus, entre eles) sucedeu o 14 de xullo do 1988, na I Feira do Libro de Cee, onde aqueles mociños fomos “teloneiros” de Uxío Novoneyra, Avilés de Taramancos, Xavier Seoane e Miguel Anxo Fernán-Vello.

Como xa é tradición en homenaxes coma esta estou na obriga de lles dicir unhas notas sobre Salvador García-Bodaño, palabras que para moitos de vostedes serán tan só lembranza do lido e do vivido na súa compaña e que para os máis novos serán un necesario percorrido pola súa obra e pola súa biografía persoal.

Din os libros que Salvador García-Bodaño Zunzunegui naceu en Vigo o 17 de xullo do 1935, no barrio operario e rebelde de Teis, contorna que escolleu para chantar un álamo, a súa árbore escolleita, no ciclo “O Escritor na súa Terra”, ao ser nomeado Socio de Honra da AELG, Letra E, en 2004. Porén, pódese dicir que Salvador non é vigués, pois toda a súa biografía persoal está ligada a Compostela, a cidade de pedra que tantos e tan fermosos versos ocupa no conxunto da súa obra. De feito, nese mesmo ano de 2004 o Concello de Santiago de Compostela vai dedicarlle unha praza na parte nova de San Lázaro, que na miña opinión é un paradoxo para o seu alento de poeta clásico, se non for porque por ese lugar camiñan os peregrinos que queren chegar até a catedral.

Prégolles a súa benevolencia, pois vaime levar un bocado salientar uns datos biográficos que considero importantes. Alén dos premios nas Festas Minervais en 1959, as súas primeiras actividades públicas de relevo son na súa calidade de Poeta. En xaneiro de 1960, no Paraninfo compostelán, participou na homenaxe en memoria de Ramón Cabanillas, organizada pola Cátedra de Literatura da USC, lendo poemas xunto a Aquilino Iglesia Alvariño e Uxío Novoneyra. En 1963 tamén o fai na celebración do primeiro Día das Letras Galegas no Salón Artesonado de Fonseca, nun recital con Carlos Casares, Xohana Torres e Arcadio López-Casanova.

En 1980 fai parte da directiva da primeira AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) e foi presidente do desaparecido Ateneo de Santiago de Compostela, que hai ben pouco tempo (2008) retomou a súa actividade nunha nova xeira. Participou na fundación da Agrupación Cultural ‘O Galo’ en 1961, do Museo do Pobo Galego en 1976, do novo Seminario de Estudos Galegos en 1983, e tamén doutras entidades como o Museo de Arte Contemporáneo ‘Carlos Maside’, o Instituto Galego da Información, o noso PEN Clube de Galicia, a Asociación de Tradutores en Lingua Galega ou GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Tamén é membro da Fundación ‘Patronato do Pedrón de Ouro’ e da Fundación Castelao, desde moito antes. E na súa actividade política participou no nacionalista Consello da Mocidade e foi cofundador do Partido Socialista Galego (PSG). En 1988 recibiu o Premio Xunta de Galicia á Creación Cultural polo conxunto da súa obra. E o recoñecemento de dúas entidades da diáspora: unha no Día da Poesía Galega 2006, do Patronato da Cultura Galega en Montevideo, Uruguai, e outra en 2008 na cidade de La Habana coma Socio de Honor da Sociedad Hijos del Ayuntamiento da Estrada.

Mención á parte merece subliñar que é numerario da RAG (Real Academia Galega) desde o 25 de novembro de 1992, proposto por Antonio Fraguas, Constantino García e Andrés Torres Queiruga, lendo o discurso “Compostela e as nosas letras ata o manifesto Máis Alá”, no que fai un enxalzamento do seu admirado Ramón Piñeiro, a quen sucedía na cadeira, antes de se debruzar sobre a presenza da Compostela “das sete portas” nos textos medievais, nas “Fiestas Minervales” do século escuro do XVII, nas composicións do cura de Fruime, da compostelá Francisca de Isla y Losada ou nos populares cantares de cego no século das Luces, nos diálogos satíricos e outras pezas no alborecer do XIX e, por suposto, en todas as grandes voces do noso Rexurdimento. Non se esquece da emigración americana, antes de rematar nos autores vinculados á etapa das Irmandades da Fala e da época Nós.

Agora é o momento de tracexar unhas liñas sobre a súa obra, nomeadamente a poética, aínda que publicou:

Narrativa: Os misterios de Monsieur D´Allier (1992), Premio da Crítica Española en 1993 e os contos “A pedra”, “Conto de Reis”, “O mosteiro”, “Ruth”, “O Sinatra”…

E noutros xéneros: Mantén unha columna dominical en El Correo Gallego, intitulada “No pasar dos días”. Tamén publicou De Onte a Hoxe. Ensaios xornalísticos, a biografía crítica: Rafael Dieste (RAG), diversos estudos sobre pintores e varias traducións, entre elas Viaxe por Galicia recollida de The Bible in Spain de George Borrow.

Poesía: Versos seus están incluídos nas máis importantes e rigorosas antoloxías de poesía galega e aparecen traducidas ó italiano, ruso, inglés, francés e brasileiro.

Ao pé de cada hora (Vigo: Salnés, 1967). Premio da Crítica Española en 1969. O poeta Manuel María reseña o libro o 21 de xaneiro de 1968.

O profesor Xavier Carro (no magnífico artigo “A construcción imaxinaria na poesía de Salvador García-Bodaño”) sinala: “Quizais “Ao pé de cada hora” sexa unha das obras que menos atención recibiu por aquelas datas; non é menos certo que o auxe da poesía social sombreaba tódalas producións artísticas que non estiveran naquela liña. A poesía de García-Bodaño, fondamente lírica, elaborada cunha linguaxe aparentemente sinxela, de léxico restrinxido, pero moi escollido pola súa funcionalidade poética, agachaba unha hermética complexidade metafórica que lle permitía ó poeta re-crear o mundo imaxinariamente”.

Unha cita de Salvador Espriu (“… el lent record dels dies / que son passats per sempre”) abre este libro dual: da banda de arca, a presenza de elexías no conxunto de “Oracións para os vosos nomes” onde expresa a dor pola ausencia de Alexandre Bóveda, Rosalía de Castro, Luís Pimentel, Ramón Cabanillas, Carlos Maside e o seu propio pai, e da banda de couso, a temática amorosa que bate contra as coordenadas da poesía social máis imperante na época e faino desde un desforado lirismo que Arcadio López-Casanova denominou “representación da intrahistoria íntima”.

■ Tempo de Compostela (1978), Premio da Crítica Española en 1979.

Alén de tres poemas a xeito de pórtico e doutro como epílogo, o libro ten tres partes: “Poemas diacrónicos”, imitatio de formas poéticas que van dende as cantigas de amor e de escarnho e maldizer da Idade Media, mais non ao xeito do neotrobadorismo dun Bouza Brey, poñamos por caso, até os séculos escuros, o XIX e o XX, para rematar no fermoso soneto SALVE URBA MEGNA. “Poemas contemporáneos” que falan da cidade moderna, daquelas mañás de música na Alameda, ou onde “O aromático fume dos incensarios / apagaba o recendo antigo das Algalias / e aquel aire tan bravo / e montesío / que viña dende a Almáciga”, dando cabo con outro fermoso soneto, NICE STONE TIME. E, por último, os “Poemas nominados”, que se definen con só ler os seus fermosos títulos: “Rosalía Castro, compañeira na eternidade”, “Ramón Otero Pedrayo, para sempre un outeiro de pedra”, “Ramón Cabanillas, a palabra no vento mareiro”, “Castelao, dende a beira da mañá”, “Carlos Maside, nos signos do grafito”, “Fermín Penzol, no abeiro de Compostela”, “Francisco Fernández del Riego, retrato sobre papel”, “Luís Seoane, cor e mais palabra” e “Ramón Piñeiro, na cela do pensamento”. Os profesores Anxo Tarrío Varela e Iria Sobrino Freire teñen analizado de maneira pormenorizada este libro.

37 debuxos para un país (1985), onde unha serie de breves poemas minimalistas en prosa, case epigramáticos, e de fonda intensidade lírica acompañan cada un dos debuxos de Felipe Criado.

Compostela (1989), trátase da serie denominada “Poemas diacrónicos”, nunha edición limitada que conta con augafortes do pintor Alfonso Costa.

Obra poética (1993), compilación da súa obra, que inclúe dous inéditos (Poemas de amor a Xulia e As palabras e os días). O primeiro, como evidencia o seu título, acrecenta a poesía amatoria do autor e o segundo a poética sobre a fugacidade da vida e a loita existencial do ser humano.

Pegadas no alcatrán (Encomio da banalidade) (1994) é é unha plaquette, da que tan só se tiraron 99 exemplares numerados, na que se alerta contra a decadencia, mesmo a degradación, do xeito de vida do urbanitas, con versos contra os grandes almacéns, anos antes de que José Saramago escribise o romance A caverna (2004).

Cantos de ausencia. Elexías (1959-2002), con debuxos de Pepe Carreiro e un Limiar do propio poeta onde sinala que recolle “unha serie de composicións poéticas da miña autoría, de carácter elexíaco ou a xeito de nenias, de diferentes rexistros estilísticos e formais, comprendidas entre os anos de 1959 e o 2002”. Son 61 cantos elexíacos, nos que despois do título aparece a personalidade lembrada e a data da composición. Inaugúrase con dous poemas a Cabanillas, datados en 1959 e 1960, e remata con dous textos de 2002, dedicados a Carlos Casares e a Antón Avilés de Taramancos. Escritores como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Manuel Antonio, Manuel Luís Acuña, Roberto Blanco Torres, Luís Pimentel, Otero Pedrayo, Rafael Dieste, Álvaro Cunqueiro, Aquilino Iglesia Alvariño, Luís Seoane, Eduardo Blanco-Amor, Manuel Cuña Novás, Celso Emilio Ferreiro, Uxío Novoneyra ou Eusebio Lorenzo Baleirón, pintores como Carlos Maside, Reimundo Patiño e Xavier Pousa, galeguistas como Alexandre Bóveda, Castelao, editores como Luís Mariño, poetas doutras literaturas como Antonio Machado, Pablo Neruda ou mitos como o Che Guevara, en moitos dos casos con varias composicións onde continúa a alicerzar o estro clásico que tanto caracteriza a poesía de Salvador.

■ E finalmente Cidade Virtual (2003), libro publicado en formato dixital pola BVG e que se define con só lermos unhas palabras do prólogo: “As cidades, logo, as reconstrúe cada quen, alá nos espacios do recordo, segundo as propias vivencias. Son o resultado do noso estado de ánimo e da nosa plenitude vital: as tristísimas cidades dos aflixidos, as luminosas e sonoras cidades dos felices, as fotográficas cidades silentes dos xordos, as incomprensíbeis e agresivas cidades dos cegos, as cidades cambiantes da vida… Por iso poden ser fermosas ou terríbeis, e as dúas cousas á vez. Existen ao través de nós”.

E remato xa, cos meus parabéns e coa lectura dun dos moitos e magníficos poemas que Salvador dedicou a esta cidade que nos acolle:

Compostela é unha rúa longa
na memoria
onde vagan os nomes
e as horas
que cada quen recorda…
Tempo de eternidade nas sombras
case vougas
a caír polos días
e as cousas
maino como unha choiva.
No libro da vida as follas
xa sen volta
pasando sobre o atril
das lousas
sen que un se dea conta.

SalvadorGarcía-Bodaño

Comentarios desactivados en Laudatio ao poeta e académico Salvador García-Bodaño

Mar 11 2015

Unha reflexión sobre o urbanismo nas vilas de Cee e Corcubión por Xosé Ricardo Losada

Published by under Ensaio,Historia

XoséRicardoLosada

O escritor e profesor de filosofía Xosé Ricardo Losada (Rianxo, 1961) publica unha brillante reflexión sobre o urbanismo nas vilas de Cee e Corcubión no blogue Café Barbantia, promovido pola Asociación Cultural Barbantia, da que é socio fundador e secretario.

Autor dun libro de relatos filosóficos intitulado O xene da chuvia (Edicións do Castro, 2005), Xosé Ricardo Losada adoita publicar artigos de fonda análise, entre o que está este texto «O feo será bonito» co que moito concordo e por esa razón deseguida velaí vai, porque a súa reflexión debe ser coñecida por quen coñeza un pouco o desenvolvemento de Cee e Corcubión nas últimas décadas.

O feo será bonito

Publicado o 9 Marzo, 2015 por cafebarbantia

Xosé Ricardo Losada

Guy de Maupassant, o gran escritor francés, foi un dos opositores máis férreos (nunca mellor dito) á torre Eifell, pero un día foi ao restaurante miradoiro desa torre, e un amigo, sorprendido, preguntoulle que facía alí. “É o único sitio de París desde o que non se ve a torre Eifell”, contestou. A min pasoume algo parecido cando fun traballar a un instituto de Cee. Todos os amigos me recomendaban non vivir alí, unha vila fea e feita ás présas, senón na veciña e fermosa vila medieval de Corcubión. Non lles fixen caso. Como son un tipo bastante caseiro, e quería casa con vistas, aluguei un piso na praia da Cuncha, en Cee. Un piso en Cee desde o que non se vía Cee, senón Corcubión. Aínda así, pasei catro anos debatendo cos amigos cal desas dúas vilas era máis bonita. Todo o mundo parecía telo claro, tamén eu, pero, co tempo, comecei a dubidar. Cee tratábame ben e quen me trata ben sempre me parece fermoso.

Iso si. Para xustificarme, aducía outra razón, máis obxectiva. En cuestións de dilemas estéticos gústame ser prudente e respectuoso, dicíalle aos amigos, desde que coñezo un experimento mental que ideou o escritor mexicano Juan Villoro. Se vivise en París no século XIX, di, está seguro que se manifestaría en contra do proxecto da torre Eifell para evitar que un espantallo así matase o espírito da cidade.

Hoxe, sen embargo, parécelle un  triunfo da audacia, e acéptao como símbolo de París. Xa que logo, reflexiona, se parece claro que no século XIX fallaría no seu xuízo, quen lle di que non está fallando agora nos seus gustos e opinións? Xa que logo, reflexionaba eu, quen me di a min que dentro de cen anos Cee non será o símbolo estético da Costa da Morte?

De feito, cando aqueles amigos meus tiveron que escoller, anos despois, entre vivir en Noia (equivalente estético de Corcubión) e Bertamiráns (equivalente estético de Cee), escolleron, aínda sendo máis cara, Bertamiráns. Iso que non hai un só piso de Bertamiráns desde o que se vexa Noia. Só se ve Bertamiráns. Os meus amigos dirán: “Normal, en Bertamiráns estamos un cuarto de hora máis cerca de Santiago”. Pero sería unha desculpa pésima. Vivindo en Cee eu tamén estaba un cuarto de hora máis cerca do instituto (ía andando, non teño carné de conducir) e a eles parecíalles unha nimiedade comparado coa “sublime fruición estética” de vivir en Corcubión.

Alén do artigo, deixamos aquí este video da canle youtube realizado por Cambeiro que recolle Fotos Antigas de Cee, as máis delas publicadas no libro Olladas Nostálxicas editado pola Fundación Fernando Blanco.

Comentarios desactivados en Unha reflexión sobre o urbanismo nas vilas de Cee e Corcubión por Xosé Ricardo Losada

Next »