Dec 02 2014

Carlota, a marmota que non podía durmir (Xerais, 2000) no catálogo da Internationale Jugendbibliothek (IJB) de Múnic

Published by at 20:51 under Contos,Infantil,Narrativa,Poesía

InternationaleJugendbibliothek2
InternationaleJugendbibliothek
(Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)

Ás veces aínda pode sorprenderse un dos lugares aos que chegan os libros. Tiven noticia hai ben pouco de que o conto Carlota, a marmota que non podía durmir (Xerais, 2000), ilustrado por Luís Castro Enjamio, figura no catálogo da fermosa Internationale Jugendbibliothek (IJB) de Múnic, cando non está entre os fondos de moitas bibliotecas do noso País.

Carlota, a marmota que non podía durmir (2000); totalmente esgotado e sen ningún viso de se reeditar a día de hoxe, viu a luz en Xerais e foi o primeiro dos tres contos rimados da serie da marmota Carlota, todos tres ilustrados por Luís Castro Enjamio.

A Internationale Jugendbibliothek (IJB), que está localizada em Múnic (Alemaña), foi creada no ano 1949 por Jella Lepman, tamén fundadora do International Board on Books of Young People, responsable do Premio Hans Christian Andersen, que vén sendo o premio Nobel da Literatura, ao que optaron autoras e autores de nós, e do catálogo White Ravens, no que figuran moitos títulos da nosa literatura.

Comentarios desactivados en Carlota, a marmota que non podía durmir (Xerais, 2000) no catálogo da Internationale Jugendbibliothek (IJB) de Múnic

Comments are closed at this time.