Xan 28 2014

Poemas (LXXI): «Traduttore, traditore», de José Emilio Pacheco

Published by at 23:57 under Memoria Literaria,Poesía



(Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)

Neste video da canle youtube os poetas Juan Gelman e José Emilio Pacheco partillando unha lectura en voz alta de El ciempiés y la araña e El espejo de los ecos en voz, libros da coleccion Habia otra vez, moderados polo editor Alejandro García Schnetzer. A calidade do son non é moi boa, mais o documento publicado o 18/04/2013 é unha xoia)

Non hai nin dúas semanas que nos deixaba a inmensa voz poética do arxentino Juan Gelman, a quen lembrei nesta anotación, e nas últimas horas tamén se foi outro poeta da miña estimanza, o mexicano José Emilio Pacheco, do que anda polos meus andeis ateigados de libros unha cumprida antoloxía que publicou Tusquets baixo o título Tarde o temprano (Poemas 1958-2009).

Antes tan só lera poemas seus nalgunha antoloxía até que tiven oportunidade de o escoitar en 2006 na Bienal “De pedra e de palabra” que organiza o Pen Clube de Galicia, da man do seu presidente o poeta Luís González Tosar. Naquela altura, se non lembro mal, era secretario da entidade o poeta fisterrán Modesto Fraga.

Cando no 73 aniversario do poeta mexicano, en xullo do 2012, reproducín nesta bitácora o poema intitulado “Indeseable” daquela escribín este parágrafo:

Canda este poema lembrei tamén aquela magnífica entrevista que lle fixera o poeta Daniel Salgado para o diario madrileño El País, cando en decembro do 2006 veu a Santiago de Compostela a participar no encontro De pedra e de palabra que organiza o PEN Clube de Galicia de maneira bienal, acto no que tiven o pracer de poder estar entre o público e gozar da súa voz e do seu discurso (malia a brevidade daquela súa intervención). Excelente persoa e excelente poeta ao que parabenizamos.

E como a súa lectura é a mellor homenaxe in memoriam, velaquí vai outro dos poemas de José Emilio Pacheco máis queridos para min, aínda que son moitos, abofé.

TRADUTTORE, TRADITORE

Jerónimo de Aguilar y Gonzalo Guerrero
Los náufragos
Aprendieron la lengua maya
Hicieron vida con la tribu
Gonzalo
Tuvo mujer y engendró hijos
Jerónimo
Exorcizó todo contacto rezó el rosario
Para ahuyentar las tentaciones
Asceta
Roído por la fiebre del misticismo

Llegó Cortés y supo de los náufragos
Gonzalo
Renunció a España
Y peleó como maya entre los mayas
Jerónimo
Se incorporó a los invasores
Sabía la lengua
Pudo entenderse con Malinche
Que hablaba
Maya también y mexicano

A estos traductores
Debemos en gran parte el mestizaje
La conquista y la colonia
Y este enredo
Llamado México
Y la pugna de indigenismo e hispanismo.

 

Comentarios desactivados en Poemas (LXXI): «Traduttore, traditore», de José Emilio Pacheco

Comments are closed at this time.