Archive for Novembro, 2012

Nov 27 2012

No nomeamento do profesor Xesús Alonso Montero como Fillo Adoptivo do concello de Ribadavia


(De esquerda a dereita, o finado doutor arxentino Juan Gervasio Paz Narbaiz -fillo do poeta muxián Xervasio Paz Lestón-, eu propio e o profesor Xesús Alonso Montero, no acto de presentación na compostelá galería de Sargadelos do volume A poesía galega de Xervasio Paz Lestón. Edición e estudo. Ao fondo entre o público os amigos muxiáns Manuel Vilar Álvarez e Xoán Bautista Pose Paz, parente do poeta e daquela alcalde nacionalista de Muxía. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)

Na mañá do pasado sábado estivemos na Casa da Cultura de Ribadavia, a onde viaxei na compaña de Xosé María Dobarro e Isabel Seoane, para acompañar ao profesor Xesús Alonso Montero no seu nomeamento como Fillo Adoptivo do concello de Ribadavia. Velaquí as crónicas do acto no blogue de Galaxia e nos xornais Galicia HoxeLa Región ou La Voz de Galicia).

Alén das numerosas intervencións literarias, musicais ou políticas, puidemos escoitar un fragmento (soubo desta volta ser disciplinado no tempo de intervención) do discurso de aceptación que pronunciou co título «O Ribeiro, na miña vida, como pedagoxía e como compromiso», cuxo contido completo figura nun libriño editado pola Deputación de Ourense e co que se agasallou a todas as persoas asistentes a este emotivo acto.

A biografía intelectual do profesor Xesús Alonso Montero está ateigada de numerosos e imprescindibles -moitos deles- títulos e algúns deles foron obxecto das miñas recensións críticas. Porén, farei acordanza de cando coñecín persoalmente ao profesor que moito antes xa era referencia indispensable nas miñas lecturas.

Non fun alumno seu até os cursos de doutoramento. Así, en 1996 fun discente no curso denominado «Guerra civil (1936-1939) e literatura galega» e ao ano seguinte doutro intitulado «Tres institucións: Real Academia Galega (1906), Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) e Instituto Padre Sarmiento (1944)». Ambos e dous foron de moito proveito para min, de maneira especial o primeiro pois a cada sesión viña cargado con libros da época, editados no interior ou producidos no exilio, e sempre deixaba circular aquelas primeiras edicións entre o alumnado. Anos máis tarde habíame agasallar cun exemplar dun daqueles, concretamente A gaita a falare de Ramón Rey Baltar, que se publicou en 1939 destinado a acadar fondos para os combatentes republicanos.

Naqueles cursos alicerzouse o meu interese pola literatura galega de entreguerras e por suxestión da profesora Dolores Vilavedra decidín solicitarlle ao profesor que fose o meu director da Tese de Licenciatura, A poesía galega de Xervasio Paz Lestón. Edición e estudo, que foi lida e defendida o 29 de xullo de 1997, obtendo o grao de Licenciado coa cualificación de Sobresaliente. Boa parte do texto foi publicado por Edicións do Castro (1998).

A nosa colaboración continuou en 1999 como recolle o volume Guerra civil (1936-1939) e literatura galega (Textos e documentos para unhas xornadas de estudio e debate), en edición literaria de Xesús Alonso Montero e eu propio, como material previo do congreso que baixo o mesmo epígrafe se celebrou no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela os días 14, 15 e 16 de decembro.

E a seguir tamén foi o director da miña Tese de Doutoramento en Teoría da Literatura e Literatura Comparada intitulada A poesía galega de Antón Zapata García. Edición e Estudo, que foi lida e defendida o 25 de febreiro de 2008, obtendo o grao de Doutor coa cualificación de Sobresaliente Cum Laude. Dado que foi un labor de moitos anos, no traballo tamén figura como titor o profesor Francisco Fernández Rei, xa que Alonso Montero non podía figurar ao ser xa emérito naquela altura. Este magno traballo é de acceso libre na rede en varios lugares, como no repositorio poesiagalega.org, tamén deu pé ao libro Antón Zapata García. Biografía dun poeta emigrado ao servizo da II República (Laiovento, 2009).

Nestes dezaseis anos de trato persoal aínda tiven a sorte de colaborar co profesor en moitos outros proxectos de menor entidade e de aprender en todas e cada unha desas oportunidades. Por esta razón era obrigada a nosa presenza nese acto de homenaxe, como discípulo do vello mestre, como admirador da súa oratoria, como lector e como persoa que pode gozar da súa amizade persoal. Saúde e parabéns, profesor!

Comentarios desactivados en No nomeamento do profesor Xesús Alonso Montero como Fillo Adoptivo do concello de Ribadavia

Nov 27 2012

Breizh no prelo. Adianto dun fragmento do Limiar de Xosé María Lema Suárez

(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)

Xa está no prelo e chegará ás librarías antes do nadal o meu poemario aínda inédito Breizh, que vai publicar a Editorial Toxosoutos na súa colección literaria Nume, que curiosamente inauguou o meu libro 42 décimas de febre. Daquela o seu director era o lembrado e chorado escritor Xosé Agrelo Hermo (1937-2006), que tratei e co que estiven nunha homenaxe que se lle fixo en Esteiro antes de finar, aínda que nesa publicación tivo moito que ver o poeta Paco Souto que nesa altura traballaba para a editorial. A día de hoxe o director é o filólogo ourensán David G. Couso, a quen agradezo a súa confianza na miña proposta poética.

En varios lugares desta bitácora, coma este, xa reproducín algúns poemas e tamén xa se falou do seu azaroso e desafortunado periplo editorial que agora chega á súa fin. E xa contamos aquí que a ilustración para a portada é da autoría do amigo Héitor Picallo. Alén dos haikus, o libro incorpora un Limiar escrito non hai moito por Xosé María Lema Suárez e un Prefácio do poeta portugués António Jacinto Pascoal (quen me convenceu en Coimbra para escribir un libro de haikus). O seu texto data de 2008, cando o volume ía ser publicado antes de se fanar o proxecto.

A xeito de aperitivo reproduzo un fragmento do primeiro deles, ese limiar que Lema Suárez intitulou «Na procura das fisterras atlánticas». Velaquí:

(…)

Miro Villar, poeta fisterrán de Cee, distíngueme coa encarga dunha introdución ambientadora deste seu precioso libro de ‘haikus’. Unha vez informado por António Jacinto Pascoal desta modalidade poética no seu clarificador Prefácio, tratei de me introducir nela a fondo; agora a ver se son quen, tamén, de escribir por algo e por alguén.

Gústanme os cadernos de viaxes, e por ese camiño enfocarei o meu escrito, máxime cando todos eses lugares que cita o poeta tamén os percorrín, en dúas ocasións coincidindo con el na mesma viaxe. A miña perspectiva será sen dúbida moito máis prosaica, pois fago mentes de que as musas Calíope e Erato me teñen negado os seus dons.

Miro e mais eu amamos as fisterras e arelamos visitalas todas, quizais por termos nacido no ámbito dunha delas –de aí a nosa condición de fisterráns in extenso-. En agosto de 2007 fixemos, xunto con outro medio cento de fisterráns de nación e de corazón, a longa peregrinaxe de dous mil e pico de quilómetros de Rens (Laxe) a Rennes (Bretaña), na procura de ‘grandes pedras’ e das estremas do País do Mar (Ar Mor / Armórica). Catro anos despois, en 2011, tamén a finais de agosto, volvemos coincidir na viaxe á fisterra británica, a península de Cornualles, co seu cabo Penn-an-Wlas / Land’s End como mascarón de proa, que queda máis preto do noso Fisterra (844 km) que do punto máis setentrional da Gran Bretaña (punta John Ó Groats, en Escocia: 1.349 km); 500 km de diferenza. Xa en momentos distintos, un e outro visitamos Irlanda, e lembro en particular a viaxe a Inishmore (illas de Aran) e Dunquin, punta do solposto da península de Dingle.

Os ‘haikus’ de Miro fixéronme recuperar a crónica que fixera (para min) daquela viaxe de 2007, e os títulos vanme servir de guía para evocar un por un todos aqueles lugares. Quizais premonitoriamente, ó día seguinte de entrarmos en Brezh / Bretaña, alguén nos quitou a Miro e a min unha foto ‘sous les remparts’ [a pé das murallas] da cidade de Gwenwed/Vannes, onde o poeta seica escoitou doces conversas procedentes dos labirintos nelas agochados. Eu, por deformación etnográfica, escoitara algareiras rexoubas das mulleres encofiadas que noutrora lavaban a roupa nos antigos lavadoiros públicos do río que bordea as murallas, lavadoiros que hoxe constitúen un dos principais atractivos turísticos da cidade. Quizais unha desas voces escoitadas polo poeta fose a do espírito de san Vicenzo Ferrer, que viñera morrer a esta cidade a principios do séc. XV despois de predicar por media Europa… sempre na variante valenciana do catalán, ¡e seica o entendía todo o mundo! O milagre da Pentecoste ó revés: os fieis e non o predicador son os que gozan do don de linguas.

(…)

2 responses so far

Nov 27 2012

Rebelión na charca, recensión de Mar Fernández Vázquez en El Correo Gallego

A Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil «Elos», que coordina Blanca Ana Roig-Rechou, publica os mércores de cada semana no xornal compostelán El Correo Gallego unha páxina sobre a nosa literatura infanto-xuvenil.

O pasado mércores, 21 de novembro do 2012, esta páxina incluía unha recensión do meu conto rimado Rebelión na charca (ilustrado por Ana Santiso e publicado por Sotelo Blanco) asinada por Mar Fernández Vázquez (redactora do proxecto “Informes de Literatura” do CIRP e do grupo de investigación da USC, LITER21, do departamento de Galego, da facultade de Filoloxía), quen xa publicara na revista Malasartes. Cadernos de Literatura para a Infância e a Juventude, que publica Porto Editora, outra recensión da miña novela infantil O nariz de Fiz, ilustrada por Lola Lorente, que recibiu en 2008 o V Premio de Literatura Infantil e Xuvenil “Pura e Dora Vázquez”, que convoca anualmente a Deputación de Ourense. Desta recensión xa falamos nesta bitácora e agora reproducimos deseguida o seu novo traballo que moito agradezo e estimo.

Tamén se pode ler neste arquivo pdf:
Rebeliónnacharcarecensión

Elos de lectura

Avaricia nun xogo de dados

Miro Villar cuestiona no conto rimado Rebelión na charca
as consecuencias derivadas de actuar movidos pola codicia

MAR FERNÁNDEZ VÁZQUEZ
LIJMI-USC/CIRP

O polifacético Miro Villar (nome literario de Arximiro Villar González, nacido na localidade coruñesa de Cee no ano 1965), profesor de lingua e literatura galegas, poeta, narrador, tradutor, ensaísta e colaborador xornalístico, ademais de escribir para o público adulto, tense achegado ao lectorado de calquera idade a través de contos e relatos de rimas consonantes.

Usou como estratexia os premios literarios para conseguir ver publicadas e valoradas varias das súas obras, como fixo no comezo da súa produción ao concorrer ao XXIX Concurso Nacional de Contos Infantís “O Facho” 1998, que mereceu por Carlota Carlota, a marmota que non podía durmir (editada por Edicións Xerais no ano 2000). Este conto rimado converteuse na primeira entrega da serie, ata a actualidade triloxía, protagonizada pola marmota Carlota e publicada na colección “Merliño” con ilustracións de Luis Castro Enjamio, á que seguiron Carlota e a bota perdida (publicada no ano 2002) e Carlota e a gaivota patiamarela (2006).

Tras merecer o V Premio de Literatura Infantil e Xuvenil “Pura e Dora Vázquez”, viu a luz a súa primeira obra para o lectorado mozo: O nariz de Fiz (Deputación Provincial de Ourense, 2008), un novo conto rimado que ilustrou Lola Lorente onde un narrador omnisciente anuncia o argumento de cada capítulo en catro versos iniciais con estrutura consoante AABB. Nesta obra Villar establece unha simbólica intertextualidade con historias bíblicas e da transmisión oral, coa farsa valleinclaniana La cabeza del dragón (1909, 1914), con Marcial Valladares e co personaxe de Rompetechos, creado por Ibáñez.

No ano 2011 apareceu en edición exenta “Noel, o verme rico da verea”, un conto en quintetos endecasílabos publicado no volume colectivo Contos de vermes, libros, princesas e parrulos (Xunta de Galicia, 2006), ilustrado por Víctor Rivas. Múdase o título para incidir na crítica da actitude do protagonista, A cobiza do verme Noel (Editorial Galaxia), e o texto gaña ludismo coas ilustracións de Marta Álvarez Miguéns.

RUPTURA DA ARMONÍA

As actitudes nacidas da cobiza tamén orixinan a ruptura da armonía no conto que nos ocupa, Rebelión na charca (Sotelo Blanco, 2012), publicado en formato álbum. Villar escribeo en quintetos endecasílabos, cun léxico moi sonoro e visual, que se plasma nas ilustracións figurativas de tons fríos realizadas a lapis e retocadas dixitalmente por Ana Santiso.

Este conto é unha boa mostra das características da poética de Villar, quen aposta por un léxico que conecta co lectorado de distintas idades por medio da súa sonoridade, cadencia e reiteración de estruturas oracionais; escolle personaxes propios da transmisión oral sobre os que aplica un uso ideolóxico para achegalos á realidade cotiá que recoñece o lector; narra historias verosímiles que agochan ensinanzas e dialoga intertextualmente con autores de distintos sistemas literarios.

Comentarios desactivados en Rebelión na charca, recensión de Mar Fernández Vázquez en El Correo Gallego

Nov 26 2012

Dióxenes en Dolorida e Tara, novelas finalistas da XXX edición do premio de novela longa Eduardo Blanco Amor

Published by under Narrativa,Premios


(De esquerda a dereita, Manuel Lourenzo González, Daniel Romero -Técnico de Cultura-, Rocío A. Bértoa Puente -concelleira de Cultura-, eu propio, Xosé María Dobarro Paz e Marga Romero. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)

O ritmo de anotacións nesta bitácora demorou moito debido á lectura dos orixinais das 55 novelas (aínda que unha delas foi retirada) apresentadas á XXX edición do Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor. Foron moitas horas de traballo que, polo de agora, rematou o pasado sábado 23 de novembro cando debatemos entre os títulos que chegaron á penúltima votación: Cadeas; Corazón de manteiga; Dióxenes en Dolorida; O xardineiro dos ingleses; Tara e Xente espida en chandal.

Finalmente a novela gañadora vai estar entre as dúas intituladas Dióxenes en Dolorida e Tara, tal e como recolle a información do portal Fene cidadán que reproduzo deseguida:

«O xurado, reunido na tarde do pasado venres na Casa do Concello de Fene, acordou, por maioría, proclamar finalistas desta XXX edición, as novelas presentadas baixo o título: Dióxenes en Dolorida e Tara.

Na tarde do pasado venres, 23 de novembro, reuniuse na Casa do Concello de Fene o xurado encargado de fallar a trixésima edición do Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor presidido pola Concelleira de Cultura, Rocío A. Bértoa Puente e formado por Xosé Mª Dobarro Paz (catedrático da Universidade da Coruña), Miro Villar (poeta e crítico literaio); Marga Romero (escritora e crítica literaria) e Manuel Lourenzo González (escritor e gañador da anterior edición do Blanco Amor), actuando como secretario o coordinador técnico do Premio, Daniel Romero. O Xurado salientou a participación das cincuenta e catro obras que concorreron a esta XXX edición, deixando constancia do importante incremento de participantes, o que provocou unha longa deliberación previa e que dá a medida do interese e importancia da convocatoria do Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor.

Logo das oportunas deliberacións, o Xurado acordou proclamar, por maioría como finalistas desta XXX edición, as novelas presentadas cos títulos: Dióxenes en Dolorida e Tara.

A entrega do Premio terá lugar o vindeiro sábado, 1 de decembro, no decurso dunha gala que se desenvolverá no local da SCRD Agarimo de Sillobre e que contará coa actuación do grupo de jazz Cool Hamsters».

Comentarios desactivados en Dióxenes en Dolorida e Tara, novelas finalistas da XXX edición do premio de novela longa Eduardo Blanco Amor

Nov 20 2012

«É tempo de deter os ferozes ataques israelitas aos civis de Gaza», por Mustafa Barghouthi


(Fotografía de crianzas palestinianas a estudaren e leren nun apagón producido por bombardeos)

Deseguida reproduzo a análise esclaredora de Mustafa Barghouthi, da esquerdista Iniciativa Nacional Palestina, que publicou en português Esquerda.net, páxina do Bloco de Esquerda.

Benjamin Netanyahu, Ehud Barak e Avingdor Liberman estão a usar esta guerra para ganhar o apoio do eleitorado israelita, outra confirmação de que o governo israelita é um governo de guerra, não de paz.

Por Mustafa Barghouthi

Quero esclarecer cinco pontos diferentes acerca da atual ofensiva militar sobre a Faixa de Gaza, já que os média israelitas estão a esforçar-se por distorcer a perceção internacional da situação.

Nos últimos dois anos, os média internacionais apresentaram Israel como uma vítima a defender-se dos rockets palestinianos. Contudo, é importante notar que cada violação de cessar-fogo durante estes anos foi feita por Israel. Da mesma forma, o último cessar-fogo mediado pelo Egito de 12 de novembro de 2012 – que recebeu a concordância das autoridades tanto de Israel quanto de Gaza – foi mais uma vez rompido por Israel através da execução extrajudicial de Ahmed Jabari, do seu guarda-costas e de um operador de câmara em 14 de novembro de 2012. Israel começou a escalada de violência e desde então dedicou-se a assassinar outros líderes por toda Gaza. Este tipo de operações insidiosas são parte da tática israelita.

Em segundo lugar, é preciso esclarecer diante da comunidade internacional quais foram os motivos por trás do ataque israelita de 14 de novembro. É certo de que Benjamin Netanyahu, Ehud Barak e Avingdor Liberman queriam usar o sangue palestiniano e israelita como propaganda para as próximas eleições de janeiro de 2013. Não podiam começar uma guerra com o Irão, por isso mudaram o foco para Gaza. Estão a usar esta guerra para ganhar o apoio do eleitorado israelita assim como para dividir o povo palestiniano e esmagar a sua vontade de resistência; outra confirmação de que o governo israelita é um governo de guerra, não de paz.

Em terceiro lugar, não se trata apenas de uma guerra contra o Hamas, esta guerra é um ataque a todo o povo palestiniano. Há uma guerra em toda Gaza, contra os seus 1,7 milhões de habitantes, que vivem apertados em apenas 362 quilómetros quadrados. Cada ataque aéreo israelita provoca perdas, e especialmente de vidas civis. Este conflito é também uma guerra contra a resistência popular não violenta dentro da Faixa de Gaza e de Jerusalém. Retrospetivamente, desde 14 de novembro, a maioria dos média ignoraram todos e qualquer esforço da resistência popular e a subsequente repressão violenta na Cisjordânia e em Jerusalém. Esta guerra é também contra a decisão palestiniana de se candidatar a ser um estado observador das Nações Unidas. Desta forma, todos nós, cada palestiniano, está incluído como alvo dos ataques israelitas. Não há exceções.

Em quarto lugar, o povo palestiniano está unido diante da agressão israelita. O que aconteceu no sábado 17 de novembro na Cisjordânia e em Jerusalém prova exatamente o que digo. As manifestações mostraram uma claro ascenso das atividades não violentas de solidariedade com o povo de Gaza.

Em quinto lugar, este é um tipo de guerra incrivelmente sangrenta. Um artigo do New York Times mostrou que uma comparação entre os números de baixas de cada lado leva a uma proporção de 16 palestinianos para cada israelita. Este contraste em baixas tem de ser exposto, porque não é possível comparar o exército israelita, considerado um dos cinco ou seis mais fortes do mundo, com os valentes palestinianos usando apenas meios simples de resistência. Durante a invasão terrestre de Israel a Gaza de 2008-2009, o rácio de mortes palestinianas comparadas com as israelitas foi de 111 para uma. Se Israel decidir promover uma invasão semelhante desta vez, provavelmente veremos números de baixas semelhantes.
Desde a quarta-feira 14 de novembro de 2012, registámos 70 mártires como produto dos ataques israelitas na Faixa de Gaza e quase 600 feridos, entre os quais 85 mulheres, 180 crianças e 30 idosos. Entre os mártires, houve três mulheres, três idosos, e 20 crianças. Estes números não param de crescer.

Vou agora listar os nomes e as idades dos mártires, em particular as crianças, já que gostaria que os média registassem os seus nomes e não só os números. Estamos a falar de Ahmad Bashrawi (11 meses de idade), Hanin Tafi (10 meses de idade), Jumana Abu Suifan (11 meses de idade), Tamir Abu Suifan (2 anos de idade), Walid Abadle (2 ½ anos de idade), Rinan Arafat (7 anos de idade), Faris Basyouni (5 anos de idade), Omar Mashrawi (4 anos de idade), Muhammad Eyad Sa’abala (4 anos de idade), Eyad Abu Kousa (1 ½ anos de idade) morreu esta manhã junto com duas outras crianças da família Abu Foul. E também Hiba Mashrawi (19 anos) que estava grávida de gémeos.

Além disso, esta tarde, cerca das 16h, um ataque aéreo em Sheikh Radwan varreu 14 membros da família Al-Dalou: cinco mulheres, cinco crianças e quatro homens.

Israel desferiu mais de 1.200 ataques aéreos na Faixa de Gaza desde 14 de novembro de 2012, só no sábado foram 300. Os números crescem constantemente no momento mesmo em que falamos. Os ataques têm como alvo áreas residenciais sem qualquer precaução devido à presença de civis. Por exemplo, no sábado, a residência da família Saleh, no distrito de Zaitouna foi atingida em cheio por um caça israelita F-16, demolindo a casa e ferindo gravemente pelo menos 30 pessoas. No mesmo dia, Israel cometeu outro crime, bombardeando um centro de imprensa em Bourj Al-Sharouq, ferindo seis jornalistas palestinianos. Um deles, Khader Zaher, teve depois de sofrer a amputação de uma perna.

Nos protestos ocorridos sábado na Cisjordânia e em Jerusalém, o exército israelita usou balas reais contra manifestantes pacíficos e desarmados, ferindo gravemente Rushdi Tamimi de Nabi Saleh assim como Hussein Shawamri, paramédico da Sociedade de Socorro Médico palestino (PMRS).

As forças israelitas estão a disparar balas reais e gás lacrimogéneo contra ambulâncias palestinianas. Uma ambulância da PMRS foi deliberadamente atingida fora da prisão de Ofer. A voluntária da PMRS Issra’ Hdayd, de 20 anos, foi atingida diretamente na cabeça, fraturando o crânio em dois pontos e provocando hemorragias cerebrais. Está a ser assistida no hospital de Ramallah e corre risco de vida.

No sábado, o exército feriu também muitos estudantes universitários, particularmente os valentes estudantes da Universidade Birzeit, incluindo o presidente do conselho estudantil.

Outra nota: ontem descobrimos que o exército israelita está a utilizar um novo tipo de arma. Em vez de balas, têm disparado um novo tipo de bomba que desencadeia choques elétricos junto com o impacto. Este novo tipo de bomba pode provocar morte imediata se atingir uma pessoa na cabeça ou cegueira se atingir uma pessoa na vista.
Estas são, assim, as ações das forças de ocupação israelitas – o “exército mais moral do mundo” – e, evidentemente, a elas é preciso acrescentar o amplo uso de balas de borracha, gás lacrimogéneo e bombas de efeito moral. De facto, ontem, vários manifestantes foram atingidos por balas de borracha nos olhos. Mas os acontecimentos de uso não regimental de balas reais contra manifestantes pacíficos é não só perigoso e imoral, é um flagrante crime de guerra – um dos muitos crimes de guerra cometidos diariamente tanto em Gaza quanto na Cisjordânia.

Exortamos os membros da Liga Árabe, e todos os membros da comunidade internacional para nos apoiar na decisão de pressionar Israel e de usar as medidas do boicote, desinvestimento e sanções.

O mundo testemunhou ontem, e vai testemunhar hoje de novo, atividades de solidariedade sem precedentes com o povo palestiniano. No sábado, houve manifestações na Bélgica, França, em várias cidades do Reino Unido, na Irlanda, em Portugal, nos estados Unidos, e hoje provavelmente veremos manifestações noutros países por todo o mundo.
À medida que se espalham as imagens dos bombardeamentos sobre Gaza, e continuamos a ver mais e mais mortes de crianças palestinianas, esperamos ver um crescimento das ações de solidariedade com o povo palestiniano.

Mustafa Barghouti, dirigente da Iniciativa Nacional Palestina

Transcrição condensada de uma conferência de imprensa que o médico Mustafa Barghouti deu em 18 de novembro de 2012, às 11h, na TV Watan em Ramallah, na Cisjordânia ocupada. As baixas foram atualizadas às 17h30.

Tradução de Luis Leiria para o Esquerda.net

Comentarios desactivados en «É tempo de deter os ferozes ataques israelitas aos civis de Gaza», por Mustafa Barghouthi

Nov 19 2012

Con palestina (III): The Truth (A verdade) e How Long (Canto Tempo?), por NAEl T El.Qtati

Dous videos dun minuto e as palabras xa non son necesarias:
The Truth (A verdade) e How Long (Canto Tempo?), por NAEl T El.Qtati
دقيقـة واحدة لأجـل فلسطيـن

Comentarios desactivados en Con palestina (III): The Truth (A verdade) e How Long (Canto Tempo?), por NAEl T El.Qtati

Nov 18 2012

Con Palestina (II)


(Premer na imaxe para agrandar o tamaño.
Fonte: Coalition Québec – Palestine)

A diplomacia (?) internacional está a defender máis unha vez as agresións do estado sionista de Israel contra o pobo palestiniano. E mañá luns será xornada de mobilizacións solidarias na Galiza, mesmo na Costa da Morte coma informa o dixital quepasanacosta.

Aquí xa contei que hai ben anos que eu levo Palestina (recoñecida como estado pola UNESCO) no corazón e de moitas maneiras teño manifestado a miña solidariedade coa causa palestiniana. En 2003 colaborei cunha décima que falaba do pranto dunha nena na antoloxía intitulada Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (Fundación Araguaney).

Recentemente participei en campañas de apoio como nesta festa que se organizou na Costa da Morte, onde limos poemas de Mahmud Darwish como o magnífico «Carné de identidade» que se reproduce nesa crónica e nese acto conseguimos que Mohamed Safa nos lese poemas en árabe.

E uns meses antes, no verán pasado, tiven ocasión de ollar todo o aparello represivo do estado policial sionista de Israel nunha breve visita a Xerusalén, e iso que iamos de turistas!!!, ollada que reafirmou a miña solidariedade.

Hoxe, esta mensaxe solidaria bota man da curtametraxe do cineasta galego Alberte Pagán, que vai seguida deste texto en galego-portugués.

PELÍCULA URGENTE POR PALESTINA

Esta é umha película urgente
por Palestina,
desde Palestina.
Esta é umha película sem images
porque as images som incapaces de representar a história.
O cinema é mentira.
Esta é a image dumha mentira.
Israel é mentira,
a história é mentira.
Estas som images da história,
images do presente,
história das images.
A política é a história em estado presente.
Que foi da revoluçom palestina?
Isto nom é a descriçom dum combate:
isto é o combate.
Isto é um panfleto sobre o sofrimento cotiá,
esta é história do sofrimento histórico,
sem images,
sem palavras.
Isto é um panfleto pola autodeterminaçom,
polos direitos dos povos,
polo direito ao retorno.
Devo aprender que o futuro é um mundo habitável.
Devo aprender que o futuro é um mundo habitável.
Isto nom é umha película.

Créditos
TÍTULO: Película urgente por Palestina
AUTOR: COSAL-Galiza, Alberte Pagán
ANO: 2011-2012
PAÍS: Palestina-Galiza
FORMATO DE RODAGE: MiniDV (4:3)
SOM: Estéreo
COR: Si
RODAGE: Palestina (Agosto 2011)
LOCUÇOM GALEGO: Dionísio Pereira
TRADUÇOM E LOCUÇOM ÁRABE: Mohamed Safa
LOCUÇOM ESPANHOL: Xan Torres
TOMA DE SOM: Cris Lores
LEGENDAS: Galego, Inglês, espanhol
DURAÇOM: 14′

Comentarios desactivados en Con Palestina (II)

Nov 13 2012

As crebas pecha por Folga Xeral mañá 14 de novembro

Published by under Manifestos,Política


(Cartaz de chamamamento á Folga Xeral en todas as linguas do estado. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)

Esta bitácora non actualizará os seus contidos na xornada de Folga Xeral de mañá 14 de novembro. Alén do fermoso cartaz plurilingüe engado aquí a opinión de Xesús Seixo, secretario xeral da Confederación Intersindical Galega (CIG) da que son afiliado. E mañá vémonos na rúa!

Comentarios desactivados en As crebas pecha por Folga Xeral mañá 14 de novembro

Nov 12 2012

«Domingos de Andrade. Excelencia do barroco», inauguración da exposición o xoves 15 de novembro no Museo do Pobo Galego


(Monumento a Domingo Antonio de Andrade na vila de Cee. Foto de Víctor Castiñeira)

Este vindeiro xoves 15 de novembro ás 19.30 h., se nada o impedir, estaremos no Museo do Pobo Galego para asistirmos á inauguración da exposición «Domingos de Andrade. Excelencia do barroco», conmemorativa do 3° centenario do pasamcnto do arquitecto.

Domingo Antonio de Andrade, cuxo nome galeguizan no MPG, tamén está a ser obxecto de múltiples actos na nosa vila, Cee, a localidade que o veu nacer, como ben lembra o historiador e Técnico de Cultura do Concello de Cee, Víctor Castiñeira, na biografía que fai parte dunha serie de artigos publicados no dixital quepasanacosta.

O nome do arquitecto barroco supón para min retroceder aos tempos da mocidade cando fixen parte, como secretario, durante moitos anos da A. C. Domingo Antonio de Andrade até que esmoreceu porque a maioría dos seus asociados e asociadas deixamos a vila de Cee por mos de razóns de estudo ou laborais. O seu nome inspirou moitas actividades culturais, desde a homenaxe en forma de monolito ao escultor (en colaboración co concello), un certame de poesía que chegou até a décima edición, un torneo de xadrez no nadal, a recuperación do enterro da sardiña ou as primeiras edicións da Mostra de Teatro de Cee. De feito, xa narrei aquí nesta bitácora coma no verán de 1988 nacía a I Mostra de Teatro de Cee, daquela organizada pola A. C. Domingo Antonio da Andrade, que presidía o mestre Xosé Cañizo e da que eu era o secretario. Aquel grupello traballamos arreo en botar a andar esa magnífica idea que nos propuxo Artur Trillo. Afastados algúns de nós, o propio Artur Trillo, Toño Casais e outra xente nova continuaron a organizar a Mostra (que anunciou este ano a súa desaparición) xa desde a compañía profesional Talía teatro, mais isto xa é outra historia.

(Cartón de convite á inauguración da exposición. Premer na imaxe para unha mellor lectura)

One response so far

Nov 04 2012

Recensión ao poemario ruído de fondo, de Daniel Salgado, en Grial 195

No último número de Grial, Revista Galega de Cultura, 195 (xullo,a gosto, setembro 2012), que acaba de chegar ás librarías e que tamén se pode adquirir en edición dixital na propia páxina da Editorial Galaxia, publícase co título «O poema non se atreve a dicir» a miña recensión do poemario ruído de fondo de Daniel Salgado (Xerais, 2012. 44 páxinas).

Endebén recomendo a merca do exemplar, que ofrece contidos coma un conto inédito de Celso Emilio Ferreiro ou os artigos «A censura na obra de Celso Emilio Ferreiro» de Xosé Manuel Dasilva, «Juan Compañel (1829-1897). Alén do editor do Rexurdimento» de Xurxo Martínez González ou «O Conto galego de Rosalía. Unha edición ferrolá asinada pola autora en 1868» de Xesús Torres Regueiro, ofrezo deseguida a miña recensión ao completo:

ruído de fondo
Daniel Salgado
Vigo: Xerais, 2012, 44 páxinas

O poema non se atreve a dicir

Daniel Salgado (Monterroso, 1981) publica o seu sexto libro de poemas en oito anos, desque aquel seu bautismo de fogo con Sucede e días no imperio (ambos e dous editados no 2004), e consolida unha voz propia, mais que foxe da repetición, como demostra este ruído de fondo (2012) no que a maior novidade vén dada por un desleixo procurado na organización dos textos. De feito, non hai crebas de páxina. A pesar diso, nese premeditado totum revolutum hai unha forte ligazón interna. Estamos perante unha trabe que se pode ler coma un único poema cos seus fragmentos desordenados e dispersos, para xerar unha sensación de caos que sexa acorde con esta época convulsa, mesmo violenta, de forte dialéctica entre a crueza da política económica xerada polo neoliberalismo, o rostro máis voraz do capitalismo, e a resposta social contra a súa pretendida uniformidade, adoito nomeada como globalización.

Este poema, de aparente desorde, dialoga na intertextualidade con voces que lle son queridas ao autor. Non se trata dun exercicio retórico culturalista co que dar conta da amplitude das súas lecturas, non hai actitude diletante, non hai pose afectada de pedantismo, senón que esas voces intégranse no propio discurso lírico para afortalar a súa cerna. E son moitas as que se convocan, desde a inicial cita do Inferno de Dante até as dúas derradeiras de Friedrich Hölderlin, pertencentes aos libros O espírito do século e Patmos, que se interrogan sobre o que vai xurdir despois do caos, tanto é así que a violencia pode ser ollada a un tempo como perigo e como salvación. E esta é a idea principal que serve de armazón desa devandita desorde aparente, unha imaxe que se asemella á velocidade do século.

Canda eles transitan polo libro filósofos e pensadores de xinea marxista (Alain Badiou e a súa idea de xustiza, Mike Davis, Walter Benjamin e Terry Eagleton) e poetas que abrazan rebeldías, sociais, persoais ou incluso lingüísticas (Mahmoud Darwix, o Méndez Ferrín de contra maquieiro, Paul Celan, Johannes Bobrowski, Nelly Sachs, Georges Perec e o seu Ellis Island, do que hai recente tradución galega do poeta Eduardo Estévez publicada por Franouren), acompañados de música de fondo, que soa a blues e a jazz, non podía ser doutra maneira (John Lee Hooker “ándalle a torboada na gorxa”, a fermosa Ascension de John Coltrane que xa debeu inspirar o título do anterior libro de Daniel Salgado, e o italiano Paolo Conte), alén dunha referencia tanxencial a Dylan no magnífico retrato poético que se fai de William Faulkner (p. 15), un dos tres narradores citados, os outros dous son James Agee e J. G. Ballard. E finalmente a figura do republicano Danton, guillotinado nos enfrontamentos ideolóxicos após a Revolución Francesa, mais que aquí é convocado polo seu furor antimonárquico.

E a linguaxe poética de Daniel Salgado, ás veces anovando (por exemplo na violenta ruptura da estrutura silábica do verso e nas citadas crebas de páxina dos poemas) e outras veces recuncando, ofrece a súa propia visión próxima do materialismo dialéctico, e así nos versos podemos atopar referencias ás fábricas e ás cadeas de produción, á organización do traballo e ás relacións mercantís; á loita de clases, ao suxeito histórico do cambio e ao partido (comunista); á violencia estrutural e ás guerras, mesmo á nuclear, aínda que a guerra global permanente sería entre os ricos, a cada vez máis ricos, e os pobres, a cada vez máis pobres; á represión e aos campos de concentración; á inmigración e ao éxodo (que xa dera título a outro libro de Salgado), tamén produto da desigualdade nas relacións económicas, e a outras eivas da sociedade actual. E non queda fóra a visión do xornalista Daniel Salgado que se preocupa sobre a desinformación e as múltiples máscaras da censura informativa, até falarnos da “total escaseza / de fontes fiábeis. este, o / xornalismo da fractura”.

Contra todo isto reaxe a voz poética, porque en ruído de fondo hai moita reflexión metaliteraria, por citarmos só algunhas mostras: “o poema non se atreve a dicir”; “todos os obxectos que producen un poema”; “o poema vira imposíbel”; “na impotencia, onde se resolve a escrita”; “este poema transita a época postindustrial”; “a defunción das poéticas isolacionistas”; “desfaise a luz e o poema non é quen de dicir onde”; “a indeterminación aprópiase do poema”; até chegarmos á radicalidade pois “o derrubamento percíbese exactamente no poema” e “o poema é incapaz de se dirixir / cara a ningures: tropeza coa lingua, / coa súa propia historia”.

Velaí a razón última de que calquera mensaxe poética (ou non) sexa percibida coma un ruído de fondo que nos acompaña no balbordo, mais talvez incapacitada para se facer clara e nítida. Algo semellante era o que expresaba Hölderlin para as convulsións da súa propia época. Daniel Salgado acredita na necesidade de abandonar as poéticas viradas para o individual, mais tamén se revela consciente da notoria insuficiencia do poema para o combate ideolóxico. Con todo, esa dúbida sobre a potencialidade da escrita como ferramenta non pode nin debe ser impedimento para dar resposta. E o poeta sabe con quen se posicionar, de aí a dedicatoria do libro “aos que nunca se confudiron de inimigo”.

MIRO VILLAR

Comentarios desactivados en Recensión ao poemario ruído de fondo, de Daniel Salgado, en Grial 195

Next »