Xul 02 2012

Poemas (XLIV): «Indeseable», de José Emilio Pacheco

Published by at 22:06 under Fotografía,Historia,Poesía


«Indeseable» é un inesquecible poema de José Emilio Pacheco (Ciudad de México, 1939, que antonte fixo os 73 anos). O poeta interioriza a voz dun inmigrante neses versos que me viñeron á memoria ao ler en varios xornais dixitais a nova de que un ecuatoriano foi agredido e insultado nas rúas barcelonesas pola masa descerebrada en plena éxtase balompédica de onte.

Canda este poema lembrei tamén aquela magnífica entrevista que lle fixera o poeta Daniel Salgado para o diario madrileño El País, cando en decembro do 2006 veu a Santiago de Compostela a participar no encontro De pedra e de palabra que organiza o PEN Clube de Galicia de maneira bienal, acto no que tiven o pracer de poder estar entre o público e gozar da súa voz e do seu discurso (malia a brevidade daquela súa intervención). Excelente persoa e excelente poeta ao que parabenizamos.

José Emilio Pacheco é autor de moitos títulos poéticos. A compilación Tarde o temprano (Poemas 1958 – 2000) (México: FCE, 2000), recolle os seus primeiros seis libros: Los elementos de la noche, El reposo del fuego, No me preguntes cómo pasa el tiempo, Irás y no volverás, Islas a la deriva, Desde entonces, aos que seguiron Los trabajos del mar (que me entusiasma persoalmente), Miro la tierra, Ciudad de la memoria e un volume de versións poéticas: Aproximaciones. Autor de dúas novelas, Morirás lejos e Las batallas en el desierto, e tres libros de contos: La sangre de Medusa, El viento distante y El principio del placer.

E despois do poema, non me resisto a reproducir a coñecida fotografía do tamén inesquecible Manuel Ferrol, pois as dúas persoas que choran son de Fisterra e deille aulas ao neto do vello ou ao fillo do pequeno.

Indeseable

No me deja pasar el guardia.
He traspasado el límite de edad.
Provengo de un país que ya no existe.
Mis papeles no están en orden.
Me falta un sello.
Necesito otra firma.
No hablo el idioma.
No tengo cuenta en el banco.
Reprobé el examen de admisión.
Cancelaron mi puesto en la gran fábrica.
Me desemplearon hoy y para siempre.
Carezco por completo de influencias.
Llevo aquí en este mundo largo tiempo.
Y nuestros amos dicen que ya es hora
de callarme y hundirme en la basura.

José Emilio Pacheco

(Fotografía histórica de Manuel Ferrol)

Comentarios desactivados en Poemas (XLIV): «Indeseable», de José Emilio Pacheco

Comments are closed at this time.