Feb 02 2012

Rebelión na charca, xa está a chegar ás librarías

Published by at 19:59 under Contos,Infantil,Poesía


Hoxe, 2 de febreiro, é o día da Candeloria, o día no que casan os paxariños segundo a nosa tradición popular, xa que este día sinalaría a metade do inverno. Hai varias cantigas populares sobre o tema, con variantes. Velaquí unha delas:

Pola Candeloria mitá do inverno vai fora.

Se a Candeloria chora vai o inverno fora;

se rí, o inverno quer vir;

mais cal chorar, cal rir,

medio inverno está por vir

(Rodríguez González, 1958: v. «Candeloria »)

Na tradición anglosaxona é o día da Marmota (Groundhog Day), que ten un significado semellante, pois se o animal saír da tobeira por estar nublado, iso significa que o inverno terminará cedo. Se, ao contrario, o sol estivera a brillar e o animal se asustase coa súa sombra e voltase para a tobeira, daquela o inverno duraría alomenos seis semanas máis.

Este día da Candeloria ou día da Marmota trouxo a boa nova da publicación do conto infantil rimado que intitulei Rebelión na Charca e que lle enviei a Sotelo Blanco Edicións no verán do 2007. Por fin xa saíu do prelo e principia a chegar ás nosas librarías. Fai o número 13 da colección Bolboreta e as ilustracións son da autoría de Ana Santiso (pódese ollar un adianto, sen o texto rimado, na bitácora da ilustradora).

En síntese, a historia sucede nunha charca na fin da terra onde ras, sapos e píntegas pasan o día a xogar coma trasnos rebuldeiros. Porén, o sapo corredor ou corriqueiro, o máis fachendoso e presumido, e o sapo cunqueiro, o máis vaidoso, teñen moi mal perder. O conto é unha fábula sobre a prepotencia, a soberbia e os abusos do poder e, por suposto, procura ensinanza e ten final feliz.

Aquí vai o seu inicio:

REBELIÓN NA CHARCA

Era unha vez un grupo de ras, sapos

e píntegas que estaban nunha charca,

día a día xogando cos seus papos,

desde o outono, cando a auga encharca

ata o verán, que secan ben os trapos.

Os anfibios, tal trasnos rebuldeiros,

xogaban e xogaban con moita orde

e con respecto polos compañeiros.

Nunca houbera a mínima desorde,

só querían xogar, non ser primeiros. (…)

8 responses so far

8 ResponsesRebelión na charca, xa está a chegar ás librarías to “”

  1. […] o conto infantil rimado intitulado Rebelión na charca, de Miro Villar, en Sotelo Blanco Edicións, con ilustracións de Ana Santiso (pódese ollar un […]

  2. […] As Crebas, o blogue de Miro Villar.. […]

  3. […] Sai do prelo 'Rebelión na charca', poesia infantil de Miro Villar crebas.blogaliza.org/2012/02/02/rebelion-na-charca-xa-esta-a…  por beto hai 1 segundos […]

  4. […] medios fixéronse eco da publicación do conto infantil Rebelión na charca (Sotelo Blanco, 2012) que xa está nas librarías e que distribúe o Consorcio Editorial Galego. […]

  5. […] Santiso ilustrou Rebelión na charca (Sotelo Blanco, […]

  6. […] e entre elas figuran dous libros con presenza da miña obra: o conto para primeiros/as lectores/as Rebelión na charca (Sotelo Blanco, 2011), que ilustrou Ana Santiso e unha antoloxía que preparou Gonzalo Vázquez […]

  7. […] Rebelión na charca (Sotelo Blanco, 2012), que ilustrou Ana […]

  8. […] coma protagonistas a vermes (A cobiza do verme Noel) ou a ras, sapos e tamén salamántigas (Rebelión na charca), así que creo ter cumprido cos seus […]