Xul 20 2011

Antón Zapata García, o poeta de Laxe (III)


A revista Dorna. Expresión Poética Galega recolle no seu número 34 (2010), aínda que aparecido en maio do 2011, o artigo de Xosé Anxo García López intitulado “Consideracións sobre a biografía de Antón Zapata García feita por Miro Villar”. Alén da recensión da obra, Xosé Anxo engade nas súas eruditas notas cinco e seis algúns datos até agora descoñecidos para min.
Antón Zapata García. Biografía dun poeta emigrado ao servizo da II República saíu en Laiovento e presentouse o mércores 12 de agosto do 2009 na Feira do Libro de Cee, ás 20.15 h. no Museo Fernando Blanco, coa presenza do catedrático de Filoloxía Galega Xosé María Dobarro Paz, grande amigo e camarada. Unha hora antes, alí mesmo, Modesto Fraga e eu propio presentamos a antoloxía De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte editada por Sotelo Blanco.
A publicación da biografía de Zapata xa se adiantara na edición de Carballo de La Voz de Galicia, e logo xerou no mesmo medio unha nova e unha entrevista. Tamén foi saudada polo dixital quepasanacosta. María Couceiro, da Libraría Couceiro, ocupouse do texto no seu microespazo de libros en Localia-Santiago, e Xesús Torres Regueiro deu conta dela no nº28 da revista A Xanela da A. C. Eira Vella de Betanzos. Por parte, as recensións máis importantes son de Xabier Castro Rodríguez na súa sección “Couso e arca” no desaparecido (en papel) Galicia Hoxe e de Xesús González Gómez en ANT, que se pode ler nas páxinas 31 e 32 deste pdf.
Na contracapa do libro tamén rescatei este texto de Torres Regueiro:
A vida de Zapata entre a colonia galega non debeu ser fácil. Nacionalista galego e independentista, antifranquista e aliadófilo, a sua rexa personalidade tivo de aturar moitos sensabores e inxurias.
“Poeta das sans rebeldías”, chamoulle o estudoso Alberto Vilanova na biografia que lle dedicou na sua voluminosa obra Los gallegos en la Argentina. E de corazón e espírito rebelde foi Zapata, loitador desde ben mozo da causa da liberdade. Liberdade da súa patria asoballada para a que arelou días máis ventureiros traballando a prol da sua cultura, como socio protector do Seminário de Estudos Galegos, e da sua conciencia nacional na Agrupazón Nazonalista Pondal, formada nos anos vinte polos mozos emigrantes galegos que albiscaban unha Galiza independente e dona de si. E liberdade da humanidade aferrollada pola ameaza do nazismo e do fascismo, que o levou a cantar un Hino a Stalingrado e dedicar un poema á destrución de Gernika.

9 responses so far

9 ResponsesAntón Zapata García, o poeta de Laxe (III) to “”

  1. […] desas composicións están recollidas nesa magnífica bitácora que é sondepoetas), e tamén o foi Antón Zapata García, do que Suso Vaamonde musicou o poema «O cantar de Mari-Pepa» nun dobre disco de cancións […]

  2. […] Laude. De acceso libre na rede en varios lugares, como poesiagalega.org, tamén deu pé ao libro Antón Zapata García. Biografía dun poeta emigrado ao servizo da II República (Laiovento, […]

  3. […] segundo co epígrafe «O dolmen de Dombate» é un soneto de Antón Zapata García e pertence a súa única obra poética, A roseira da soidade (1954), aínda que antes xa vira a luz […]

  4. […] volta de 1971 prodúcese un fito na bibliografía de Antón Zapata García (Laxe, 1886 – Bos Aires, 1953) ao ser recoñecida a súa obra coa inclusión do poema […]

  5. […] sen asinar que acompaña o poema «Na morte de Lexandro Bóveda», de Antón Zapata García, no Galicia, Federación de Sociedades Gallegas, Bos Aires, nº 524, 27 de xuño de […]

  6. […] libre na rede en varios lugares, como no repositorio poesiagalega.org, tamén deu pé ao libro Antón Zapata García. Biografía dun poeta emigrado ao servizo da II República (Laiovento, […]

  7. […] relación entre Eduardo Blanco-Amor e o poeta laxense Antón Zapata García tivo moitos momentos de afecto e avinzas e tamén algunhas desavinzas. O seu decorrer ocupa moitos […]

  8. […] de Antón Zapata García para o poema […]

  9. […] Bos Aires, 1303, 22 de setembro de 1923. Debaixo do título sinala: (Traducción del gallego por Antonio Zapata García del libro «Alento d’a […]