Xul 06 2011

As crebas, presentación na libraría Couceiro

Published by at 17:20 under Poesía,Presentacións

As crebas tivo a súa primeira presentación pública, alén da que se fixera en Carral na entrega do XIV Premio de Poesía, este pasado mércores 22 de xuño nesa casa da palabra da Libraría Couceiro, onde adoito botar bastante tempo a falar con María e Pablo Couceiro, herdeiros do espírito de Lourdes e Xesús Couceiro e as outras persoas que aló traballan.

Nas fotografías que me cederon (de non moi boa calidade, por problemas de luz, mais que agradezo infinito) 
figuran, de esquerda a dereita, o editor de Espiral Maior que é o poeta Miguel Anxo Fernán-Vello, o académico e profesor catedrático de Filoloxía Románica Francisco “Paco” Fernández Rei, eu propio e o escritor Francisco “Chisco” Fernández Naval.

Na seguinte imaxe pódese ollar aos amigos e amigas que nos acompañaron ese día, onde hai moitos rostros coñecidos e algún que polo de agora aínda non o é. Reitero as grazas a todas e a todos por estardes aí para escoitar falar de moitas crebas. Saúde.

5 responses so far

5 ResponsesAs crebas, presentación na libraría Couceiro to “”

  1. […] primeiros/as lectores/as A cobiza do verme Noel, que ilustrou Marta Álvarez Miguéns; o poemario As crebas; a edición que preparei da antoloxía Ser auga, darse en auga. Medio século: 1958-2008 de […]

  2. […] do XIV Premio de Poesía, e da que se fixo o 22 de xuño na Libraría Couceiro, como xa detallamos aquí. Foi a primeira perto do territorio dos nerios, no que debeu ser parte das terras dos supertamarci, […]

  3. […] voz. Ao excelente suceso co que foi acollida a presentación do libro As crebas en Carral ou na libraría Couceiro de Santiago de Compostela seguiu o pasado venres o éxito de asistencia no acto de presentación […]

  4. […] de Bergantiños. Vai ser a cuarta presentación deste libro, logo da que se fixo a finais de xullo na libraría Couceiro, e no mes de agosto primeiro na Confraría d’O Pindo e despois en Muxía. Desta volta […]

  5. […] lectores/as A cobiza do verme Noel, que ilustrou Marta Álvarez Miguéns. Poesía: O poemario As crebas, con portada de Manuel Sendón. Estudos Literarios: A edición que preparei da antoloxía Ser auga, […]