Archive for Xullo, 2011

Xul 31 2011

Monsanto, a aldeia de pedra

Published by under Poesía,Roteiros


Máis unha vez retornei a Monsanto, “a aldeia mais portuguesa de Portugal“, na que o escritor portugués Fernando Namora achou inspiración para dúas das súas obras, Retalhos da Vida de um Médico e A Nave de Pedra. Desta volta nunha viaxe de lecer con Mar, mais aló estivera por vez primeira do 15 de febreiro ao 15 de marzo do 2009 (agás uns días en Coimbra) cando fun convidado dentro do Programa “Poetas em Residência”, que organiza o Grupos de Estudos Angloamericanos da Faculdade de Letras da Universidade de Coimbra e que coordina a profesora Graça Capinha. E a este fermoso Monsanto haberá que voltar!
No entanto, un poema de Fernando Namora que talvez se inspirase alí.
Terra
Onde ficava o mundo?
Só pinhais, matos, charnecas e milho
para a fome dos olhos.
Para lá da serra, o azul de outra serra e outra serra ainda.
E o mar? E a cidade? E os Rios?
Caminhos de pedra, sulcados, curtos e estreitos,
onde chiam carros de bois e há poças de chuva.
Onde ficava o mundo?
Nem a alma sabia julgar.
Mas vieram engenheiros e máquinas estranhas.
Em cada dia o povo abraçava outro povo.
E hoje a terra é livre e fácil como o céu das aves:
a estrada branca e menina é uma serpente ondulada
e dela nasce a sede da fuga como as águas dum rio.

Comentarios desactivados en Monsanto, a aldeia de pedra

Xul 31 2011

Poemas (VIII): Pleamar, de Juan Carlos Pajares

Published by under Poesía


Da man sempre amiga do antropólogo muxián Manuel Vilar achégome á poesía do leonés Juan Carlos Pajares. No seu libro Descalzos sobre las brasas (Eje Ediciones. León. 2007), con prólogo do escritor portugués Antonio Miranda e con ilustracións do escultor, tamén leonés, Amancio González, chama a nosa atención un poema escrito na localidade de Caión (A Laracha), na Costa da Morte.
PLEAMAR

Anochece en Caión

Ha oscurecido y derrama el océano
abierto, apenas visible, otra ola
indiferente sobre la costa abandonada.

La guardaba en la entraña profunda
de su gran estómago, con el brillo
intacto de la luna de una noche
de otro tiempo, y la escupe hoy violento
y despechado, creyéndola ya totalmente digerida.

Así, allá, al fondo de tus ojos,
centelleaba y se abría paso un sufrimiento.

Comentarios desactivados en Poemas (VIII): Pleamar, de Juan Carlos Pajares

Xul 31 2011

Poemas (VII): Manuel Antonio, de Aquilino Iglesia Alvariño

Published by under Poesía,Roteiros


Malia estar anunciada a miña presenza no programa, unha estadía en terras portuguesas (Guimarães, Coimbra e Conimbriga, Penela, Castelo Branco, Idanha-a-Velha, Monsanto, Penha Garcia e de regreso por Viseu) non me permitiu chegar a tempo para a homenaxe que o Pen Clube de Galicia organizou no 50 cabodano na morte de Aquilino Iglesia Alvariño. Unha crónica do devandito acto pódese ler aquí (e na fotografía do Galicia Hoxe os poetas Méndez Ferrín, Ramón Lorenzo e o “Che”, Luís González Tosar). Por certo, hai que ver coma o Concello de Santiago de Compostela tamén reivindicou a homenaxe como propia. Cousas veredes!
Na memoria de Aquilino reproduzo do seu libro Nenias (1961) o poema a “Manuel Antonio“.
Por un mar verde de oucas
levara o seu barco a toas.
Ai, noso amigo!
Nun mar de oucas verdegado
boyara a toas o barco.
Ai, noso amigo,
capitán de alto navío!

Crara estrela, a súa gamela
noviña foise coa néboa.
Ai, noso amigo!
E aquela frol dos naufraxios
desfollouse contra os fachos.
Ai, noso amigo,
capitán de alto navío!

Noviña foise coas sombras,
sin vento, ó correr das ondas.
Ai, noso amigo!
Desfollouse contra os fachos
de noite, DE CATRO A CATRO.
Ai, noso amigo,
capitán de alto navío!

1947

Comentarios desactivados en Poemas (VII): Manuel Antonio, de Aquilino Iglesia Alvariño

Xul 26 2011

Na homenaxe ás lanchas do xeito en Caldebarcos


(Premer na imaxe para unha mellor lectura)

Este xoves 21 de xullo viaxei con Alexandre Nerium a Caldebarcos, á praciña da Fontevella, desde onde se pode ollar a espléndida praia e a ría, para participarmos no acto de conmemoración do XX aniversario da recuperación do pecio da última lancha xeiteira, chamada a Marina, que alá polo 1991 foi desenterrada dunha poceira próxima á lagoa e á Boca do Río. A xornada estivo organizada pola A. C. Xurde de Caldebarcos, a Federación Galega da Cultura Marítima e Fluvial e o Museo do Mar de Galicia. Presentados polos actores César Cambeiro e Lela da Fontevella, interviron o alcalde de Carnota, Ramón Noceda; o director do Museo do Mar, Pablo Carrera; e o escritor Luís Rei (no seu blogue hai unha cumprida información do acto), que realizou unha breve presentación da revista Ardentía. Deseguida realizouse o acto principal, a homenaxe a Francisco de Lado, o carpinteiro de ribeira que axudou a recuperar o pecio da vella xeiteira Marina, quen recibiu de mans de Victor Fernández, presidente da FGCMF, un pergameo conmemorativo. Antes das intervencións musicais, Francisco “Chisco” Fernández Naval presentou a antoloxía Tamén navegar, da que xa falamos aquí, leu un poema de Modesto Fraga, e logo eu propio, Alexandre Nerium, Carlos Arias e Anxo Angueira tamén lemos textos da antoloxía ou doutros libros. Mesmo Angueira deu lectura a un poema que escribira antes de comezar o acto, inspirado pola paisaxe e a historia das xeiteiras. Finalmente, Maria de Lado interpretou unha peza a voz e pandeireta. A descuberta dunha placa perto da chamada Fonte das Mentiras e unha gorentosa sardiñada deron remate a esta celebración.
A miña intervención consistiu na lectura dun fragmento do longo poema de Antón Zapata García “Entresoñan as rúas mariñeiras…” de A Roseira da Soidade e de dous poemas meus “O Sol” e “O Mar (I)”, do libro As crebas. Velaquí o último, que non está na antoloxía Tamén navegar, mais que lin porque cita o lugar de Caldebarcos.

Un mar, creedme, necesito un mar,
un mar donde llorar a mares
y que nadie lo note.

«Testigo de excepción», Ítaca (1972), FRANCISCA AGUIRRE

No mar de Caldebarcos atopaches o mar que ti necesitabas e os abrazos das vagas que rompían nos baixos chegaron ata as dunas e interromperon páxinas nos estáticos ollos onde se detivera a lectura do tempo, e as vagas penetraron oportunas no libro para levaren Coetzee na resaca da tarde e deixaren o sal nos tellados das casas, construcións mariñeiras con solainas de area e argazos nas varandas dos balcóns e nas portas.

No mar de Caldebarcos atopaches o mar e fostes de mans dadas nun paseo de días que trouxeron a calma mais non o esquecemento, porque o sal é perenne como o son as mareas.

Comentarios desactivados en Na homenaxe ás lanchas do xeito en Caldebarcos

Xul 21 2011

Poemas (VI): Ortigas, de Xiana Arias Rego

Published by under Poesía,Recensións


O título do citado libro de Julio Llamares, Versos y ortigas, tráeme á memoria outro dunha poeta galega, Ortigas, de Xiana Arias Rego, XIX Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, do que fixen unha recensión para o Anuario de Estudos Literarios Galegos 2007 (pp.191-193) que editaba Galaxia, pois xa desapareceu. Nesas páxinas dicía que o libro está dividido en sete apartados, mais hai unha medula que percorre todo o espiñazo, a presenza das “lauras”, unha sorte de sinécdoque das mulleres como vítimas da violencia machista. Outras simbolizan a condición de mulleres condenadas á ablación, á prostitución ou á violación, con versos duros. No eido formal a poeta cultiva breves poemas en prosa, aínda que a narratividade está sempre presente até nas composición máis líricas, adoito en estruturas dialóxicas e continuas obxectualizacións do cotián. Dialéctica, narratividade, tensión dramática e teima por fuxir do convencionalismo caracterizan unha lectura para a reflexión.
A recensión completa pódese ler na páxina de poesiagalega.org
E velaquí un dos seus poemas, intitulado “Ídevos”.
ÍDEVOS
Pero non se van.
Non abonda con querer que pase.

Ídevos.
Quedan.
Érguense e volven sentar a gargalladas.

Agárranme da orella e dinme:
es unha estúpida se pensas que para non ver chega con pechar os ollos.

Comentarios desactivados en Poemas (VI): Ortigas, de Xiana Arias Rego

Xul 21 2011

Poemas (V): Memoria de la nieve, de Julio Llamazares

Published by under Contos,Poesía


(Fotografía de J. Casares, Galicia Hoxe)
Onte rematei a lectura do libro de contos Tanta pasión para nada, de Julio Llamazares, que me interesou desde o relato inicial “El penalti de Djukic” (que me trouxo o recordo daquel partido de fútbol no que o Deportivo perdeu unha liga no derradeiro minuto e eu non me alegrei malia ser desde a miña infancia seareiro do Celta de Vigo, que na súa web dá opción para a lingua galega, algo que os coruñeses non fan). Hai relatos sobre a posguerra, sobre amores perdidos, sobre misterios e desaparicións, metaliterarios como “Un cuento de encargo” ou “Historia del hombre que quiso parar el mundo”, todos preñados de melancolía. Son lector voraz da obra de Llamazares, porén prefiro a súa poesía (escasa mais imprescindible) que compilou o ano pasado no volume Versos y ortigas (Poesía 1973-2008). Velaquí o poema 22 de Memoria de la nieve, un dos seus primeiros libros (Colección Cántico. Consejo General de Castilla y León, 1982. IV Premio “Jorge Guillén”).
22
La nieve está en mi corazón como el silencio en las habitaciones de los balnearios: densa y profunda, indestructible.

La nieve está en mi corazón como la hiedra de la muerte en las habitaciones donde nacimos.

Y el tiempo huye de mí con un crujido dulce de zarzales.

Nieva implacablemente sobre los páramos de mi memoria. Es ya noche entre los blancos cercados.

Cuando amanezca, será ya siempre invierno.

Comentarios desactivados en Poemas (V): Memoria de la nieve, de Julio Llamazares

Xul 20 2011

Antón Zapata García, o poeta de Laxe (III)


A revista Dorna. Expresión Poética Galega recolle no seu número 34 (2010), aínda que aparecido en maio do 2011, o artigo de Xosé Anxo García López intitulado “Consideracións sobre a biografía de Antón Zapata García feita por Miro Villar”. Alén da recensión da obra, Xosé Anxo engade nas súas eruditas notas cinco e seis algúns datos até agora descoñecidos para min.
Antón Zapata García. Biografía dun poeta emigrado ao servizo da II República saíu en Laiovento e presentouse o mércores 12 de agosto do 2009 na Feira do Libro de Cee, ás 20.15 h. no Museo Fernando Blanco, coa presenza do catedrático de Filoloxía Galega Xosé María Dobarro Paz, grande amigo e camarada. Unha hora antes, alí mesmo, Modesto Fraga e eu propio presentamos a antoloxía De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte editada por Sotelo Blanco.
A publicación da biografía de Zapata xa se adiantara na edición de Carballo de La Voz de Galicia, e logo xerou no mesmo medio unha nova e unha entrevista. Tamén foi saudada polo dixital quepasanacosta. María Couceiro, da Libraría Couceiro, ocupouse do texto no seu microespazo de libros en Localia-Santiago, e Xesús Torres Regueiro deu conta dela no nº28 da revista A Xanela da A. C. Eira Vella de Betanzos. Por parte, as recensións máis importantes son de Xabier Castro Rodríguez na súa sección “Couso e arca” no desaparecido (en papel) Galicia Hoxe e de Xesús González Gómez en ANT, que se pode ler nas páxinas 31 e 32 deste pdf.
Na contracapa do libro tamén rescatei este texto de Torres Regueiro:
A vida de Zapata entre a colonia galega non debeu ser fácil. Nacionalista galego e independentista, antifranquista e aliadófilo, a sua rexa personalidade tivo de aturar moitos sensabores e inxurias.
“Poeta das sans rebeldías”, chamoulle o estudoso Alberto Vilanova na biografia que lle dedicou na sua voluminosa obra Los gallegos en la Argentina. E de corazón e espírito rebelde foi Zapata, loitador desde ben mozo da causa da liberdade. Liberdade da súa patria asoballada para a que arelou días máis ventureiros traballando a prol da sua cultura, como socio protector do Seminário de Estudos Galegos, e da sua conciencia nacional na Agrupazón Nazonalista Pondal, formada nos anos vinte polos mozos emigrantes galegos que albiscaban unha Galiza independente e dona de si. E liberdade da humanidade aferrollada pola ameaza do nazismo e do fascismo, que o levou a cantar un Hino a Stalingrado e dedicar un poema á destrución de Gernika.

9 responses so far

Xul 20 2011

Epistolario de Ramón Piñeiro a Isidoro Millán

Unha das publicacións nas que adoito colaborar con estudos literarios ou traballos críticos é A TRABE DE OURO, que dirixe Xosé Luís Méndez Ferrín e que edita Sotelo Blanco. No último número 85 (Tomo I. Ano XXII. Xaneiro, febreiro, marzo do 2011) asino xunto co profesor Luís Cochón o artigo “As reviravoltas na edición do Onomástico”, novas cartas inéditas entre Ramón Piñeiro e Isidoro Millán González-Pardo e unha de Piñeiro a Ramón Cabanillas, verbo do debatido tema da edición do Onomástico etimológico de la lengua gallega por Fr. Martín Sarmiento. Este traballo completa o volume da nosa propia colleita intitulado Do teu amigo certo. Epistolario de Ramón Piñeiro a Isidoro Millán González-Pardo (1952-1971), que publicou o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e que se pode ler nesta ligazón.

Comentarios desactivados en Epistolario de Ramón Piñeiro a Isidoro Millán

Xul 19 2011

Poemas (IV): Diacrítico, de João Rasteiro


https://picasaweb.google.com/guliaska/Coimbra?locked=true#5313872459334857346
(Na ligazón fotografados pola poeta Karinna Alves Gulias “Guliaska”: João Rasteiro, Márcio André e eu propio en Coimbra, o 5 de marzo do 2009)

Diacrítico é o sexto libro individual de João Rasteiro (Coimbra, 1965), un poeta da miña mesma anada, a quen coñecín nos Encontros Internacionais de Poetas e que “traduziu para o português vários poemas meus”, aínda que eu diría “adaptou” pola proximidade lingüística. Trátase dun potente libro sobre a creación humana, que publicou a Editora Labirinto. No “Prefácio” o poeta Albano Martins fai unha análise certeira da que salientamos este fragmento: «Portadoras dum sentido originário, genesíaco, as palavras abrem sulcos num terreno onde o significado se oferece pleno de potencialidades e sugestões, carimbando de decantada expressão o corpo do poema. Tudo, aqui, é alusão. Tudo é profecia, oráculo, metamorfose. Tudo é, também, delírio. A linguagem é, como se lê no capítulo XVII da segunda secção, a “das vísceras condenadas à ilusão do verbo”». Diacrítico está dividido en dúas partes: “O desconcerto de deus” e “A ressurreição das crias”. Da primeira parte reproducimos este magnífico poema, un texto que como sucede en todo o libro principia sempre nun signo de puntuación e está en minúsculas.
VIII
.a arte mais sublime de trespassar a morte é descansar num nevoeiro a arder de sangue. e mastigar a ferocidade das abismadas paisagens com a zoologia aberta do amor. na agonia da pura inocência. olhar o gume da lâmina prateada e amá-la exalando a sua boca atulhada em espaço lírico. no ventre suculento das algas. a renúncia do torpor é apenas a entrega incólume da candura e da vulva viva porque nos incutimos erectos. o fingimento que evoca a mulher sufocada nos ganchos quando o poeta faz de homem sábio. a magnólia cheirando a incesto nas palavras faustosas. cada golpe luminoso é a acutilante pujança das orquídeas negras do nosso próprio eco. a exígua morte.

One response so far

Xul 19 2011

Antón Zapata García, o poeta de Laxe (II)


A obra do poeta de Laxe tamén inspirou o artigo “Saudade e emigración na poesía de Antón Zapata García“, que foi publicado no vol. II, 2009, mais aparecido con retraso en 2010, en Estudos Migratorios. Revista Galega de Análise das Migracións (pp. 167-190) que editan o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela. O artigo percorre as liñas temáticas da saudade e da emigración na obra poética de Antón Zapata García (Laxe, 1886 – Bos Aires, 1953), alén de ofrecer unha breve biobibliografía, con especial relevo da súa intensa actividade social e cultural dentro da colectividade galega na Arxentina. Nos versos salienta o seu autobiografismo, xa que en moitos dos textos o eu poético é un trasunto do propio poeta que expresa as súas vivencias persoais. Malia a heteroxeneidade e a ausencia de unidades temáticas, existe unha trabe simbólica que alicerza a estrutura do libro A Roseira da Soidade e que xa se intúe desde o propio encabezamento, no que se simboliza a perda. Pódese ler tamén en poesiagalega.org, aquí.

Comentarios desactivados en Antón Zapata García, o poeta de Laxe (II)

Next »