Xuñ 28 2011

Ola Mundo!

Published by at 16:16 under Poesía

Benvido, benvida.

Neste 28 de xuño do 2011 rompe augas este blogue persoal, na acolledora casa común de blogaliza.org. Como “crebas” chegadas ás praias da Costa da Morte, este blogue irá recollendo anotacións de creación e de crítica literaria, alén doutras reflexións.

Nace o mesmo día que morre en papel o xornal Galicia Hoxe, a única prensa diaria na nosa lingua que aínda se podía atopar na rúa. Nace, daquela, porque son tempos de resistencia e de acrecentar a presenza do idioma galego na nosa sociedade e no mundo.

Aos poucos iredes lendo diversos materiais recentes ou de épocas afastadas para gozardes da lectura ou tamén para discrepardes se fose o caso.

Grazas por virdes onda estas crebas e unha aperta atlántica.

5 responses so far

5 ResponsesOla Mundo! to “”

  1. […] Naceu o pasado 28 de xuño, o mesmo día no que desapareceu dos quiosques o xornal Galicia Hoxe e na primeira anotación expliquei os motivos da súa nacencia. Os tempos melloraron algo desde aquela e agora xa temos na […]

  2. […] Naceu o pasado 28 de xuño, o mesmo día no que desapareceu dos quiosques o xornal Galicia Hoxe e na primeira anotación expliquei os motivos da súa nacencia. Os tempos melloraron algo desde aquela e agora xa temos na […]

  3. […] 28 de xuño, ás 16,16 horas esta xanela aberta ao mundo fai o seu primeiro ano na arañeira no que se publicaron até hoxe 443 […]

  4. […] nosa lingua e para celebrarmos que esta bitácora chegou até as 555 anotacións desde que naceu (xuño do 2011), vou realizar un sorteo de dous exemplares asinados do libro infantil Rebelión na charca (Sotelo […]

  5. […] Finalmente concluíu o prazo para participardes no sorteo de dous exemplares asinados do libro infantil Rebelión na charca (Sotelo Blanco, 2012), ilustrado por Ana Santiso. Unha convocatoria que naceu contra a crise (que o é tamén do libro), como promoción da lectura na nosa lingua e para celebrarmos que esta bitácora chegou até as 555 anotacións desde que naceu (xuño do 2011). […]