Archive for Xuño, 2011

Xuñ 30 2011

E uns poemas en galego, español e inglés

O poeta (e aínda amigo) de Taragoña-Rianxo, Fernando R. Lavandeira, solicitounos hai ben tempo uns textos a varios autores e autoras. Agora aquela antoloxía ve a luz na revista americana Bigbride, en tradución de Terri Carrión. Malia algún cazapo, as versións recollen o espírito dos poemas orixinais e premendo aquí agárdavos a súa lectura.

Comentarios desactivados en E uns poemas en galego, español e inglés

Xuñ 30 2011

Entrevista

Published by under Entrevistas,Poesía

Que marabilla!

Velaquí unha conversa cunha xornalista do fanado Galicia Hoxe, Vanesa Oliveira, que se preocupou de ler o meu libro As crebas até o derradeiro dos seus versos antes de falarmos, algo ao que xa non estamos afeitos (agás fabas contadas, como adoito sucede cos redactores do Diario Cultural da Radio Galega, Ana Romaní, Anxo Quintela e Xiana Arias, todos tres enormes poetas).

Velaquí este exemplo de xornalismo en estado puro.

Comentarios desactivados en Entrevista

Xuñ 28 2011

Ola Mundo!

Published by under Poesía

Benvido, benvida.

Neste 28 de xuño do 2011 rompe augas este blogue persoal, na acolledora casa común de blogaliza.org. Como “crebas” chegadas ás praias da Costa da Morte, este blogue irá recollendo anotacións de creación e de crítica literaria, alén doutras reflexións.

Nace o mesmo día que morre en papel o xornal Galicia Hoxe, a única prensa diaria na nosa lingua que aínda se podía atopar na rúa. Nace, daquela, porque son tempos de resistencia e de acrecentar a presenza do idioma galego na nosa sociedade e no mundo.

Aos poucos iredes lendo diversos materiais recentes ou de épocas afastadas para gozardes da lectura ou tamén para discrepardes se fose o caso.

Grazas por virdes onda estas crebas e unha aperta atlántica.

5 responses so far